Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino

Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino
Os Miudos de Futbol Feminino copia

Esperan que toda a bisbarra se volque e non é para menos. A familia de Os Miúdos, acaba de presentar o seu proxecto para construir un equipo de Fútbol Feminino. Deste xeito, todas as rapazas de máis de 13 anos que se queiran apuntar, que se poñan en contacto coa Escola Deportiva porque é unha oportunidade histórica.

Polo de pronto, o vindeiro sábado 1 de xullo será a presentación oficial do proxecto. O Salón de Actos municipal acollerá a presentación con Manu Sánchez e Alba Rodríguez, adestrador e prepararadora física do Depor Abanca. E xa a partir das 16:00h, toca saír ao campo do Eleuterio Balayo a tocar balón.

O equipo irase trasladando polos campos do Concello. Así o sábado 8 de xullo será a 2ª xornada en Agra da Filgueira (Louro) e o 15 de xullo no Xosé Luís Vara de Esteiro, tendo a total colaboración dos equipos da UD Montelouro e SCDR Esteirana.

A idea é ir afianzando un equipo “sólido e comprometido”, como nos comenta Fran Figueroa, un dos principais promotores do proxecto, que ademais sería o adestrador. Figueroa xa conta con 3 rapazas que formarán o equipo técnico (fisio, prep. física, e adestradora) ademais dun adestrador de porteiras.

En todo caso aínda non saben en que categorías tocará competir, se ben pode que o primeiro ano sexa máis a base torneos.

Longa vida ao fútbol feminino.

Fonte

Comentarios