Os peques do Manuela Rial comezaron as ligas con vitorias

Este fin de semana comezaron as ligas benxamín e alevín de Voleibol en Noia . E o fixeron con vitorias costeiras, sendo a única derrota porque se enfrentaron dos equipos benxamíns da zona. Así, colleitamos vitorias dos alevins femenino do Manuela Rial ante Boiro por 2-1; dos alevíns masculinos ante Rianxo por 2-0; e dos benxamíns ante Ames e Rianxo por 2-0; mentres que no enfrentamento dos dous equipos do Manuela gañou o equipo A.

As cadetes do Volei Dumbría consolidan a 2ª praza

No resto da xornada dúas vitorias máis e unha derrota.
Vitoria importante na Liga Zonal das cadetes do Voleibol Dumbría ante CV Santiago por 1-3 (19-25/17-25/25-22/19-25) que consolida ao equipo dumbries na segunda praza que dá dereito a xogar os cruces para intentar volver a máxima categoría. O partido estivo sempre controlado aínda que un pequeno baixón de intensidade no 3º set complico o encontro. Destacar a Izaskun Quinteiro na súa faceta rematadora.

Vitoria fícil do Cadete masculino do Voleibol Dumbría ante Teis 3-0 ( 25-9, 25-15, 25-7). Segue sendo o cadro dumbriés o líder da categoría nun ano sen rivais que ofrezcan demasiada resistencia.

E derrota das infantís do Manuela Rial ante Teis por 0-3 (16-25, 12-25, 12-25) onde so estiveron competitivas no 1º set ante o segundo clasificado da liga.

Vindeira semanaz

Este venres as infantís do Manuela Rial xogan contra Noia en Dumbría e os xuvenis do Voleibol Dumbría visitan o líder da categoría xuvenil, o CV Vigo, o sábado as 20:00h.

Novas relacionadas

Fonte