Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España

Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España
Imaxe dun dos encontros do Volei Dumbria en Badaxoz-Foto-Cesar Ferrio

O Voleibol Dumbría rematou na 14º posición do campionato de España cadete masculino. Non está nada mal, dende logo, para estes novos rapaces costeiros, dada a gran esixencia do torneo nacional.

A expedición dumbriesa desprazábase a Badaxoz a pasada semana e voltaba cun sabor agridoce, pois a pesar de dalo todo, esa 14ª praza non lle soubo demasiado ben, a pesar do remate espléndido de competición, e a superación ante un dos rivais máis apetecibles, os veciños de Ourense. O que si soubo ben foi a experiencia de pasar unha semana cos amigos coñecendo mundo e competindo ao máximo nivel.

Comezaban ben as cousas para os da Costa cun vibrante partido gañado no tie break ante o CEIP R. Juventud Hellín (25-23 / 14-25 / 26-24 / 19-25 / 15-8). Pero outro partido moi igualado se lles escapou no cuarto set fronte o Utrera (18-25 / 25-18 / 22-25 / 15-25), e tan só un equipo foi quen de superar con moita solvencia aos de Dumbría, o AD Benito, que anotou un 3 a 0 aos galegos (11-25 / 19-25 / 11-25).

Quedaba aí os dumbrieses con opcións de loitar para quedar o máis alto entre o posto 13º e o 24º. Nesa segunda fase os de Dumbria venceron en dous sets co C.V. Siero (25-10 / 27-25) e en tres co Arona Tenerife Sur (25-17 / 26-28/ 25-20).

E chegaba a fase final para na que se enfrontaba aos veciños galegos do Volei Ourense, vellos coñecidos logo dunha tempada moi reñida entre os dous grandes dominadores da liga autonómica. E foi o Voleibol Dumbría o que levou a revancha do Campionato Galego no pavillón Extremadura do Campionato de España. Os de Dumbria se impuxeron en dous sets moi reñidos nos que souberon ser máis resolutivos que os ourensáns nos puntos finais (25-21 / 25-23).

Desta forma o Dumbría pasaba a loitar pola décimo terceira praza, que finalmente perdería fronte CV Leganés (19-25 / 25-27), mentres que o Burgas Volei, pola outra banda gañaría a décimo quinta ao CMA Numancia por 2 a 1 (18-25 / 25-19 / 25-18), quedando a tan só un posto de distancia do equipo de Dumbría.

Seis xogadores na selección

Cómpre destacar que 6 xogadores deste equipo xogarán coa Selección galega de Volei: 4 cadetes (Manuel Marcote, David Redonda, Javier Domínguez e Gabriel Trillo) e 2 infantis (Marco Lado e Unai Larrañaga) adestran esta semana en Lugo cas respectivas seleccións galega para preparar o campionato de España por seleccións que se disputara en Valladolid do 3 o 6 de xuño.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios