Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os líderes puideron cos equipos do Volei Dumbría

Os líderes puideron cos equipos do Volei Dumbría
As cadetes do Volei Dumbría foron as únicas que colleitaron unha vitoria

Non foi tan positiva como as últimas, a xornada para a familia do Volei Dumbría.
A xornada comezaba cunha vitoria na Zonal cadete femenino do Voleibol Dumbría ante Narón por 3-0 (25-23, 25-23, 25-17) nun partido ca as dumbriesas foron por debaixo nos primeiros dos sets pero remontaron nos momentos decisivos cometendo menos erros ca o equipo contrario. O tercer set xa foi fácil para as xogadoras do Voleibol Dumbría. Con esta vitoria rematan a primeira volta cun balance positivo de 4 vitorias e unha derrota cas situa na 2º posicion da clasificación xeral.

Nos outros dous partidos os nosos equipos recibian os lideres da categoria e ainda que perderon en todo momento deron a cara. No Xuvenil masculino o equipo do Voleibol Dumbría recibía a visita do CV Vigo, líder sen perder ningún set en toda a liga, e perderon 0-3 (12-25, 29-31, 20-25) pero faltoulles un pouco de sorte no segundo set para romper coa imbatibilidade do cadro olívico. Tendo en conta que o equipo dumbriés conta con moitos cadetes non deixa de ser un resultado destacable.

Na categoría Infantil femenina o equipo do Manuela Rial perdeu con Pinguela por 0-3 (12-25, 10-25, 19-25) e ainda cas monfortinas foron superiores as nosas loitaron todo o encontro con intensidade.

Vindeira xornada

Este sábado remata a primeia volta cun desprazamento a Coruña para xogar contra Calasancias no seguinte horario:

  • 10:00 h Xuvenil masculino Calasancias - Voleibol Dumbría.
  • 10:00 h Infantil femenino Calasancias - Manuela Rial.
  • 11:30 h Xuvenil masculino Calasancias - Voleibol Dumbría.
  • 13:00 h Infantil masculino Calasancias - Manuela Rial.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios