Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Volei Xiria estrea web cando remata a xeira das infantís do Dumbría

O Volei Xiria estrea web cando remata a xeira das infantís do Dumbría

Despois de acadar cinco vitorias consecutivas acabou a boa xeira das Infantís do Volei Dumbría na súa viaxe a Pontevedra. O equipo infantil do Manuela Rial perdeu por 3-0 (25-14, 25-16, 25-13) ante CV Pontevedra con claridade xa que non foi quen de recibir o potente saque das pontevedresas e cando o conseguia sufria o forte ataque das xogadoras rivais.

Este sábado no Conco haberá dous partidos:

  • 11:00 h Xuvenil masculino Voleibol Dumbría - CV Vigo.
  • 12:30 h Infantil femenino Manuela Rial- Pinguela (Monforte).

Estrea da web do Volei Xiria

Presentando a nova web do Volei Xiria

club Xiria Volei emprende unha nova etapa coa creación dunha páxina web www.xiriavolei.com coa que os afeccionados e afeccionadas poderán estar ao día de todo o que ocorre na entidade, incluíndo os resultados dos partidos, as clasificacións ou as variacións nos equipos co obxectivo de "seguir medrando", en verbas de Rosalino Mariño, máximo responsable da entidade.

Calendario Xiria

s entidades que fixeron posible o almanaque Xiria son Gende Estudio, que realizou o deseño e maquetación; Mónica Noya, que se encargou das fotografías das xogadoras nos distintos establecementos comerciais; e Foto Fuentes, que realizou as fotografías oficiais dos equipos. En canto aos establecementos e entidades que patrocinan ou colaboran son, ademais do Concello carballés: a Deputación da Coruña, Gestiber, Hierros Varela Urbieta, Asesoría Cervantes, Almacenes Agro, Don Clic, Noef Salón de Peiteado, Federópticos Nicolás, D&A Complementos, Necos Moda Infantil, Óptica Enríquez, Zocas, Perruquería Mª Luz, General Óptica, La Botica Complementos, Zapatería Esther, Calzados Lolita Anido, A Reserva e Bar Bristol. Durante a realización das fotos do almanaque, realizouse un divertido vídeo promocional, a cargo de Mamá Lola Studios:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios