Domingo. 05.05.2024
El tiempo

As infantís do Volei Dumbría atáscanse ao final

As infantís do Volei Dumbría atáscanse ao final
Foto de Familia do Volei Dumbria 2013:2014

De toda a familia do volei costeira (e xa vemos que é numerosa), só tiña partido a pasada fin de semana o equipo infantil feminino. E malia facer un bo partido, volveu de baleiro de Noia, acusando de novo a falta de reacción nos últimos intres.

Infantil feminino

  • Resultado: Fisioterapia Cinesia Noia - Manuela Rial Mouzo 3-1 (25-19; 14-25; 25-16; 25-19)

Derrota das infantís nun partido no que o saque das de Noia foi decisivo nos puntos claves de partido e as nosas non souberon reaccionar. Está sendo unha constante nos últimos partidos que xogando ben en partidos igualados nos puntos decisivos o equipo non reacciona e fallan moito.

Vindeira xornada

Este sábado 2 de novembro xogan 4 partidos na casa contra a familia do Boiro:

  • Infantil masculino 10:00 h Manuela Rial - Boiro.
  • Xuvenil masculino 10:00 h Voleibol Dumbría- Boiro.
  • Cadete masculino 11:30 h Voleibol Dumbría- Boiro.
  • Infantil femenino 11:30 h Manuela Rial - Boiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios