Domingo. 05.05.2024
El tiempo

As infantís do Manuela Rial xa saben o que é gañar

As infantís do Manuela Rial xa saben o que é gañar
As infantis do Volei Dumbria-Manuela Rial xa saben o que e ganar-Foto-Jorge Parri

As rapazas do Manuela Rial por fin acadaron a súa primeira vitoria este curso. E foi ante Boiro cun partido no que foron superiores sobre todo no saque. Venceron por 3-0 (25-17, 25-16, 26-24) e só sufriron no 3º set que se decidiu pola maior seguridade nos últimos puntos.

Venceron tamén os cadetes fácilmente por 3-0 (25-19, 25-12, 25-9) a Boiro nun partido sen demasiada historia pola superioridade demostrada polo líder da categoría.

Tamén houbo derrotas na fin de semana. As derrotas viñeron por parte dos xuvenís ante Boiro por 0-3 (17-25, 15-25, 25-27) e dos infantís por 0-3.

Vindeira xornada

Este sábado debutan as cadetes ante Santiago en Dumbría as 11:30 h e o domingo viaxan a Ourense para enfrentarse o Burgas os xuvenís do Voleibol Dumbría as 10:30 h e os cadetes as 12:00 h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios