O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón

08:06 10/10/13

O voleibol costeiro volve este sábado á competición no renovadísimo polideportivo de Dumbría. E o fai con catro partidos de liga galega. Na máxima categoría a nivel autónomico compiten catro equipos:
- O Infantil Feminino do Manuela Rial coa aspiración de mellorar as clasificacións de anos anteriores xa que é un equipo rodado nesta categoría;
- O Infantil Masculino do Manuela Rial co obxetivo de tomar contacto coa categoría pois trátase dun equipo inexperto;
- O Cadete Masculino do Voleibol Dumbría con aspiracións de gañar o campionato:
- O Xuvenil Masculino do Voleibol Dumbría que pretende colarse nas fases finais entre os 4 primeiros o que non será nada doado..
Con estas expectativas comezan así a temporada este sábado 12 de outubro nos seguintes horarios.
- Infantil femenino ás 10:30h: Manuela Rial - Liceo.
- Cadete masculino ás 10:30h: Voleibol Dumbría- Santa Mª del Mar.
- masculino ás 12:00h: Manuela Rial- Santa Mª del Mar.
- Xuvenil masculino ás 12:00h: Voleibol Dumbría- Ames.
- A bitácora da semana (CCXXVIII): O blog do Voleibol Dumbría.
- Dumbría xa é potencia en Volei Praia.
- 5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid.
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.