Pleno de vitorias para o Volei costeiro


Menuda fin de semana da familia do Voleibol costeiro. Pleno de vitorias nos 3 partidos en liza.
Comenzaban a fin de semana as cadetes do Voleibol Dumbría no Conco cunha vitoria ante CV Santiago na liga zonal por 3-2 (25-16, 22-25, 25-15, 22-25, 15-7) nun partido cheo de alternativas, pero a boa defensa , o saque e alguns erros das santiaguesas decidiron o encontro a favor das dumbriesas neste primer partido da liga.
A xornada continuo o domingo coas vitorias dos xuvenís e cadetes do Voleibol Dumbría ante Burgas de Ourense.
Os xuvenis venceron 1-3 (23-25/25-21/20-25/15-25) nun partido axustado que deberon resolver máis claramente pola superioridade amosada, pero o conxunto xuvenil non acaba de explotar todas as suas condicións ainda que se manteñen segundos na clasificación e os cadetes venceron claramente por 0-3 (6-25/20-25/11-25) demostrando o seu liderazgo na liga galega deste ano.
Vindeira xornada
- Este fin de semana seis partidos:
- Venres 15 en Ourense:
- 18:00 Infantil femenino CV Ourense - Manuela Rial.
- 18:30 Infantil masculino Burgas - Manuela Rial.
- 20:30 Infantil femenino Dompa - Manuela Rial. - Sábado 16 en Dumbría:
- 10:30 h Cadete femenino Voleibol Dumbría - San Sadurniño.
- 10:30 h Xuvenil masculino Voleibol Dumbría - San Sadurniño.
- 12:00 h Cadete masculino Voleibol Dumbría - San Sadurniño.
Novas relacionadas
- As infantís do Manuela Rial xa saben o que é gañar.
- As infantís do Volei Dumbría atáscanse ao final.
- Unha vitoria e unha derrota na primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría.
- O novo pavillón deu sorte aos equipos do Volei Dumbría no debut nas Ligas Galegas.
- O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón.
- A bitácora da semana (CCXXVIII): O blog do Voleibol Dumbría.
- Dumbría xa é potencia en Volei Praia.
- 5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid.
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.
Fonte
- Venres 15 en Ourense: