Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual

Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual

O pasado sabado 4 de xuño o Club Taekwondo Arte e Movemento participou en Cesuras no Campeonato Provincial de Taekwondo de Exhibición, onde o Equipo Cadete Arte e Movemento acadou o 2º posto.

Este equipo costeiro estivo formado por: Juan Luís Lista (Muxia), Uxía Gonzalez (Vimianzo), Juan Alvarellos (Cee), Cristian Domínguez (Cee), Diego Martínez (Cee) e Cristian López (Cee).

Para este equipo era a primeira competición de exhibición de esta temporada, e remataron a unhas décimas do primeiro posto. Loxicamente todo o equipo mais o seu adestrador Juan Carlos Diaz estan moi satisfeitos.
Ademais, este posto sírvelles para clasificar para o Campeonato Galego de Exhibición que será o próximo sabado 18 de xuño en Baiona.

Exhibición este domingo

Recordamos tamén que a todo aquel que queira velos actuar xunto co resto dos equipos do Club Arte e Movementom que este domingo 12 de xuño o Club organiza a exhibición anual de baile de salon e taekwondo. Actuarán todos os alumnos do club de baile de salon, taekwondo e Kick-boxing.

Nas últimas edicions participaban 250 rapaces, pero nesta edicion romperán todas as marcas e serán 330 deportistas os participantes. Os participantes teñen entre 3 e 50 anos de idades e pertencen as escolas deportivas de Carnota, Muros, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Muxía, Zas, a Anpa do Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra, e os alumnos do clube nas súas propias instalacións en Cee.

A cita comezara as 16:30 no pavillon polideportivo de Cee, e durará 4 horas. A entrada e gratuita para que toda a comarca poida disfrutar do espectaculo, que o clube organiza con moita ilusión e traballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios