Domingo. 22.05.2022
El tiempo

Óscar Leis, fabricante de milagres en Louro

Óscar Leis, fabricante de milagres en Louro
É un home de sobra coñecido no fútbol da costa, principalmente pola súa labor no fútbol base en Dumbría, onde colleitou unha morea de éxitos. O ano pasado colleu o mando do Monte Louro, un modesto club no que está a facer una labor impagable, que xa foi a sorpresa a tempada pasada e neste curso está a facer unha gran campaña, cerca xa do obxectivo da permanencia. Igualou o Louro co Lira a fin de semana pasada nun gran derbi empañado pola lesión de Raúl, rotura de tibia, da que nos fala Oscar. QPC- Como foi a xogada da lesion de Raúl? Foi unha xogada na que Raúl e un xogador rival se lanzan ó chan na disputa dun balón, o rival chega antes e Raúl choca de cheo con el. QPC - Como está o rapaz? Tras o golpe foi trasladado a Santiago e xa quedou ingresado , sendo operado o luns a primeira hora, a operación saíu ben e estará uns dias ingresado tras os cales lle darán a alta se todo vai normal. Dentro dun mes e medio poderá empezar a apoiar e valorarán a partir de ahí o tempo aproximado de recuperación e rehabilitación. QPC - O partido do domingo foi moi intenso. Foi un partido con bastante descontrol, similar ó da primeira volta, con moitos desaxustes defensivos e onde os xogadores ofensivos de ambos equipos estiveron moi activos. Por parte do Lira Toni creounos moito perigo ó igual que Kike, e pola nosa parte Juan de Celia, aínda sen estar o 100%, e o propio Raúl buscaron sempre portería. Adiantámonos precisamente cun gol de Raúl a pase de Juan pero o Lira rápidamente lle deu a volta, primeiro cun remate que pega nun xogador noso e entra, e logo cunha xogada por banda. Un penalti sobre Juan transformouno él mesmo e chegamos o descanso con empate. A segunda parte foi similar e de novo o Lira foi capaz de adiantarse nun erro defensivo noso. Tras ese gol variamos o sistema para tratar de empatar e non o logramos ata os minutos finais onde de novo Juan de Celia esta vez a saída dun córner remataba e tras tocar nun defensa facía o definitivo 3-3. No desconto o Lira reclamaría un penalti. QPC - Que valoración fas da tempada, agora que só faltan 3 xornadas para o remate? A tempada está sendo bastante boa para nos, a efectos de clasificación estivemos gran parte do curso sen pasar apuros o cal para nos e un éxito pois o noso gran obxectivo é manter a categoría novamente. Se a iso lle sumamos que ó longo da tempada sufrimos varios golpes duros en canto a baixas importantes como foron as de dous xogadores fundamentais para nos, Riki e David ( ambos por sendos accidentes de coche ), levamos mais de un mes sen poder contar con Alex Siaba por lesión, Juan perdeuse moitos partidos por lesión e algún que outro por sanción, Pedro, que fixo un inicio de tempada moi bo tamén estivo lesionado e agora sumamos a xa conocida de Raúl. Todo isto sumado a que este ano a competición está sendo moi competitiva e costa moito ganar partidos fai que valoremos moi positivamente o mérito desta plantilla superando todas esas circunstancias con compromiso e esforzo para tratar de repetir un ano mais na liga da costa. QPC - Dende a distancia o Monte Louro desperta moitas simpatías como club entrañable. Que tipo de club é o Monte Louro ? É un club humilde que realiza un traballo con moito sentido común, unha directiva que tanto á plantilla como ó corpo técnico lle facilitan o día a día. Cada un sabe cales son as súas funcións e realizan un traballo brutal ó longo de todo o ano polo ben do club. No corpo técnico conto con dous axudantes que para min son un luxo, York como segundo adestrador é natural de Louro e ademais de conocer a perfección os xogadores ten moito fútbol encima,  e Marcos Carrero como adestrador de porteiros que está a facer un gran traballo. A maiores sempre contamos co apoio de César, capitán e toda unha institución no club, unha persoa comprometida e cun saber estar do cal os rapaces novos deben tomar exemplo. A plantilla na súa inmensa maioría é de Louro ou de cerca e son un grupo de rapaces fabulosos cos cales é moi fácil traballar. En liñas xerais podemos decir que é un club cun espíritu familiar no cal é moi cómodo traballar e do cal estou orgulloso de formar parte. QPC - E Oscar Leis como adestrador ? que buscas nos xogadores ? como manexas o grupo ? Eu como adestrador trato de sacar o mellor rendemento posible ós xogadores, para lograr os obxectivos comúns. Nos xogadores busco que entendan o que quero e que confíen neles mismos. Sempre hai marxe de mellora e creo que neste grupo que teño a sorte de adestrar todavía temos marxe para facer mais e mellores cousas. O grupo prácticamente manéxase só. Hai que ter en conta que a maioría son amigos dende cativos e os que chegaron nas últimas tempadas séntense moi cómodos. Son un grupo unido e que sempre están pendentes uns dos outros, se algún cae no aspecto anímico rápido os compañeiros o sacan adiante. Eu mesmo teño moito que agradecer neste sentido tanto á plantilla como ó corpo técnico e directiva pois non foi unha tempada fácil para min. QPC - Que análise fas desta liga da costa, onde históricos como Cee, Outes ou Camariñas están sufrindo moito? Está claro que este ano a salvación esta moi cara e por eso se somos quen de acabar lograndoa doulle un valor moi grande. A reducción de numero de equipos notouse e o nivel foi moi parexo todo o ano. No caso deses tres equipos que citas non son quen eu de xulgalos pois dende a distancia non seria xusto facer valoracións sobre eles. O que máis me extraña é o caso do Outes pois viña dunha categoría superior e en principio apuntaba a estar na parte alta, pero como digo dende a distancia e difícil calibrar. Todo isto dalle un valor maior o esforzo da plantilla do Monte Louro que pode lograr por segundo ano consecutivo a permanencia. QPC - Como compatibilizas adestras en Louro co traballo en Dumbría ? A verdade é que esta tempada estase a facer moi longa e estame pasando factura, pero teño que decir que en ambos clubs me sinto moi a gusto e as funcións que realizo son totalmente compatibles. Aproveito tamén para agradecer publicamente tanto a U.D. Monte Louro como ó Dumbría a súa axuda nun momento complicado que pasamos a nivel persoal e no que sempre tiven todas as facilidades posibles e o apoio dos dous clubs. QPC - Cal é a túa tarefa en Dumbría ? En Dumbría son o coordinador das categorías inferiores, estou presente no día a día da base,sempre pendente das necesidades que poidan xurdir tanto para os xogadores como para os diferentes adestradores, fago a planificación da tempada e tratar de ir mellorando todo aquilo que se poida mellorar para tratar de seguir crecendo e poder seguir formando xeracións, hai moita marxe de mellora e polo tanto trataremos de traballar niso. QPC - Como coñecedor do mundillo, como ves a situación do fútbol base costeiro ? E unha situación difíicil de calibrar , con moitas cousas que co paso do tempo van mellorando, pero con moitas outras nas que aínda estamos lonxe , por situación xeográfica xa estamos limitados en moitos aspectos, pero creo que entre todos podemos dar pasos para acotar esas limitacións e seguir avanzando. Un avance é por exemplo que xa competimos coas nosas seleccións comarcais , e mesmo a nosa zona xa foi sede dun campeonato de estas seleccións comarcais cun resultado de organización óptimo, así que pouco a pouco debemos ir dando pasos para seguir crecendo.

comentarios