mércores. 07.05.2025
El tiempo

Óscar Martínez, Xabier Rodríguez e Marcos Ordóñez abrirán o curso de Árbitros na Costa da Morte

Óscar Martínez, Xabier Rodríguez e Marcos Ordóñez abrirán o curso de Árbitros na Costa da Morte
Marcos Ordonez na Gala do Futbol da Costa 2016 Marcos Ordóñez, na Gala do Futbol da Costa 2016, será un dos que abran o curso A subdelegación do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol na Costa da Morte bota a andar definitivamente co inicio do primeiro curso de árbitros na nova sede da Federación Galega de Fútbol en Baio. O curso comezará formalmente, tal e como estaba previsto, o próximo venres, 28 de abril, pero este venres 21, ás 20:00 da tarde, terá lugar unha xornada de presentación, á que acudirán todos os novos cursillistas, a quen se informará da normativa do colectivo arbitral. Ademais, a xornada do venres contará coa presenza de tres dos mellores colexiados da zona, que impartirán unha clase maxistral sobre o mundo arbitral: • Óscar Martínez Santos, natural de Baio e na actualidade colexiado de Segunda División B. • Xabier Rodríguez Campos, profesor de regras de xogo na delegación da Coruña e tamén na escola de adestradores (impartiu varios anos cursos en Baio), e árbitro en activo con máis temporadas consecutivas na Terceira División. • Marcos Ordóñez Rodríguez, natural de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) e árbitro en activo con máis temporadas consecutivas na Preferente Galicia. A esta apertura do curso acudirán, igualmente, o delegado da FGF na Costa da Morte, Manuel Corredoira, e o subdelegado do CTGAF, Vítor Recarei. A subdelegación parabenízase da magnífica acollida que tivo este primeiro curso de árbitros, para o que se cubriron as espectativas deseñadas, e agradece a colaboración dos clubs da zona, que colaboraron na difusión da campaña de captación, así como das persoas que se inscribiron para o curso, ás que quere dar a benvida e desexar unha longa traxectoria no colectivo arbitral. Curso de captacion de arbitros no Futbol da Costa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios