Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pablo Lestón, a zurda máxica, analiza a actualidade do Fisterra.

Pablo Lestón, a zurda máxica, analiza a actualidade do Fisterra.
Pablo Leston nun Buno-Fisterra-Foto-David Castro Pablo Lestón nun Buño-Fisterra-Foto-David Castro Igualou o Fisterra ante o Cordeiro no debut ligueiro, resultado de mérito e ben traballado dos homes de Felipe Candamo. O proxecto do campión da Copa da Costa iniciase con moita ilusión e esperanza, e co inesgotable viveiro de xogadores que é Fisterra producindo novas xeracións ano tras ano. Un dos veteráns, Pablo Lestón, será dos que tire do carro un ano máis, con esa zurda que fai cousas sorprendentes, axudando a que os rapaces desenvolvan o seu talento con tranquilidade nunha categoría, a 1ª Autonómica, tan igualada e áspera como inquientante polos sempre temidos descensos en cascada. Isto nos contou á volta de Valga. Pablo, todo un referente en Ara Solis QPC - Como analizas a igualada en Cordeiro? Pois pode verse de 2 formas: por un lado eles tiveron máis ocasións que nós para poder gañar o partido, pero ímonos coa sensación de que esa rigurosa falta ó borde da área nos levou dous puntos. Creo que foi un empate xusto, de todas maneiras. QPC - A que porcentaxe estamos a ver ó verdadeiro Fisterra deste ano? Non é doado de dicir. Diría que podemos estar á metade do noso potencial. Quédanos moito que mellorar tacticamente para o que quere o novo míster. QPC - Que nos contas das novas perlas da canteira, representadas por eses talentosos xuvenís, Ezequiel e Isaac? Pois Eze xa xogou onte todo o partido e Isaac pronto estará tamén competindo con nós. Penso que hai que ter moita calma con eles igual que co resto de xuvenís. Están ben pero teñen cousas que mellorar e para iso estamos nos para axudarlles. Está claro que teñen condición para xogar, eso vese véndoos xogar dous minutos, pero cantos xogadores houbo e hai en Fisterra e en toda a Costa con condicións? Agora o importante é que traballen ben e se dediquen a disfrutar facendo o que máis lles gusta e se ademais poden axudar ó equipo do pobo, pois moito mellor. QPC - Que rol adoptará Pablo Lestón este ano? Como te atopas persoalmente? Eu véxome un ano máis vello, jajaja. Iso ten cousas boas, sobre todo relacionadas coa experiencia e coa calma que che da levar toda unha vida xogando, pero tamén cousas malas, como que despois dun partido duro, que o son todos, ata mércores non te recuperas dos golpes, jajaja. Este ano o míster estame a meter en banda, e aí cóstame un pouco máis, pero bueno, onde faga falta farei o que poida coma sempre. O equipo espera poder manter a categoría, competindo cada partido. Sabemos que non vai a ser fácil pero penso que o noso obxectivo é ser un equipo difícil de batir en todos os partidos e facernos fortes na casa coa espectacular afección que temos. QPC - Realmente esta 1ª Galega é rentable para os equipos da Costa? Está claro que agora mesmo estábamos mellor na 1ª da Coruña, e non tendo que ir xogar á provincia de Pontevedra, mais despois de facer o tramo de autovía, pero bueno, creo que para os que nos gusta competir, canto máis arriba, mellor. Ademais para min, que levo toda a vida xogando contra as mesmas caras, xa estaba cansado de guerrear contra algún defensa costeiro, e seguro que eles xa estaban tamén ata as narices de min, jajaja. Así polo menos vemos algunha cara nova. Para o pobo de Fisterra tamén se pode notar algo pois os equipos veñen comer aquí e traen xente tamén. QPC - E o Fisterra, permanencia ou ascenso? Nesta liga hai 3 equipos loitanto o ascenso e o resto imos a pola permanencia, polo que ou tes moita regularidade para estar arriba ou senón a túa pelexa é a permanencia. No noso caso está claro, permanencia.   Sensato e con pinceladas de calidade, tanto no campo coma nas entrevistas, Pablo Lestón será un ano mais protagonista co seu fútbol, e ídolo da afección fisterrá.    

Comentarios