Paula Esteiro e Damián Espasandín conseguen o 7º posto coa Selección Española nos Mundiais da OCR


O pasado mes de outubro metíanse entre os 20 mellores do mundo de Carreiras de Obstáculos. Esta pasada fin de semana conseguían un tremendo 7º posto no Mundial participando coa camiseta da Selección Española.
Impresionante os que están conseguindo a camariñá Paula Esteiro e o vimiancés Damián Espasandín. En apenas 2 anos de competición xa rozan o ceo na súa disciplina, nas esixentes carreiras de obstáculos (OCR).
Desta volta foron a Cerceña a participar na Shardana World Team Challenge xunto con Cristhian Zarta e Ana Chilleron. Unhas imprevistas lesións marcaban a súa chegada a Italia, pero que non impedían saír a por todas.
Os españoles estiveron dende o principio en postos de podio, pero no último kilómetro escaparon as posibilidades.
Finalmente sorprenderon os polacos vencendo cun tempo espectacular. Por detrás quedaron dinamarqueses eslovacos, estadounidenses, checos, italianos, e españoles, nun máis que salientable sétimo posto.
Parabéns a estes dous tigres da nosa comarca.

Novas relacionadas
- Outubro 17: Paula Esteiro e Damián Espasandín traen un podio e un top20 do Mundial de Carreiras de Obstáculos:
- Dous soneiráns no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos.
- A Costa da Morte, potencia continental en Carreiras de Obstáculos.
- Damián e Paula manteñen postos e podio na liga nacional da Gladiator Race.
- Decembro 16: Dous soneiráns no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).