Paula Esteiro e Damián Espasandín traen un podio e un top20 do Mundial de Carreiras de Obstáculos
Aló marcharon a pasada semana dous bravos soneiráns a Ontario, Canadá, a participar no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos (OCRA). Si, un Mundial, aí é nada, con dous costeiros entre os 12 españoles participantes.
Pero é que ademais, a camariñá Paula Esteiro e o vimiancés Damián Espasandín colleitaron grandísimos resultados, traendo un podio e un top20 para a Costa da Morte.
Paula Esteiro, podio mundial en Carreira de Obstaculos en Ontario Damian Espasandin en CanadáO primeiro día de competición celebrouse a carreira de 3km, onde Paula quedaba na 10ª praza en categoría de 30-29 anos. Pola súa parte, Damián facía un grandísimo 20º posto na mesma categoría masculina.
O segundo día tocaba máis esforzo: 15 kilómetros. Pero parece que á camariñán vanlle as distancias longas e conseguía o que nese momento era o primeiro podio da expedición española cun impresionante 3º posto en 35-39 anos. Poucos minutos despois, Carmen Cid facía o propio en 40-44, conseguindo as dúas medallas españolas na competición.
Pola súa banda, Damián conseguía entrar entre os 100 homes máis bravos do mundo, conseguindo meterse no posto 90 (de 280) en Pro Men, a máxima categoría.
Espectacular o que están conseguindo estes dous bravos soneiráns, que en apenas cun ano de competición, xa están entre os mellores do mundo.
Parte da expedición española no Mundial da Carreira de ObstaculosNovas relacionadas
- Dous soneiráns no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos.
- A Costa da Morte, potencia continental en Carreiras de Obstáculos.
- Damián e Paula manteñen postos e podio na liga nacional da Gladiator Race.
- Dous soneiráns no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos.
- Míchel Antelo rompe as súas marcas na media maratón de Behobia.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
- Unha Campiona de Europa para Mazaricos.
- Rocío Alvite gaña en Vimianzo e prepara a Carreira Pedestre de Mazaricos.
- Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).