Xoves. 02.05.2024
El tiempo

"Por quen máis me alegrei foi por Martín, Mario e MC"

"Por quen máis me alegrei foi por Martín, Mario e MC"
Se o pasado domingo o Club Deportivo Baio acababa cunha espiña que levaba case tres décadas cravada na gorxa dun dos pais da Liga da Costa, algo semellante sucedía co seu adestrador, Pedro Gómez Ferreiro (Carballo, 1978) a quen o fútbol lle negara esa misma sorte só uns meses atrás. O seu San Lorenzo de Verdillo tiña sido tan superior ou máis que calquera dos candidatos deste ano, pero a recta final foi unha serie de catastróficas desdichas, que non fixo senón forxar a experiencia dun destes titulados recentes que tanto teñen mudado, e en tan pouco tempo, o balompé da zona. Xuntáronse un equipo que chegaba do pau dun descenso e un home que marchara da casa, pero sen renunciar a unha idea que sabía antes ou despois tiña que funcionar. Así, cero días de llanto común e moito 'seny' ou sentidiño, que é o que lle ten implantado este exfutbolista de pizarra recente e futuro prometedor. Pedro Gómez, adestrador do Baio Cantos terían apostado hai dous meses por este final exitoso? O punto chave foi a semana do partido contra o Ponteceso: Viñamos de empatar co Baíñas e perder co San Lorenzo, así como dunha xeira moi malas de baixas, algunhas delas algo raras e que nos fixeran chegar a algún partido importante con ata sete ausencias. E todo mudou a partires dese momento. Pero poucos pensaban que o Corme fallaría… non é difícil estar a rebufo de alguén que semana tras semana suma? Eles non fallaban, pero tamén eu no vestiario aos meus lles dicía aos xogadores que o Corme tamén comprobaba como nós vencíamos e vencíamos. A máxima distancia da que disfrutaron foron cinco puntos, aínda que tamén foi fundamental que non sacaran o encontro de Coristanco cando puderon poñerse a sete de vantaxe. O fútbol tenlle dado moi cedo a revancha dunha situación similar co San Lorenzo… Xa nos colleran a matrícula moitos equipos, pero case ao terminar a primeira volta tiñamos tres partidos de diferencia ou de colchón. Fíxonos moito dano a derrota co Buño, e pouco despois perdín futbolistas Carlitos e Pablo Novo, que estaban a facer unha gran tempada, así como os dous laterais, Adrián e Rubén Varela…. se a un equipo lle quitas tantos homes importantes. E agora desexará que os da súa casa suban con vostedes… Eu tamén me sinto partícipe, porque o equipo o fixéramos entre Jaime e mais eu, e sen desmerecer a Mazaricos ou Corme, claro que me gustaría que nos acompañasen. Ganaron todos menos un empate e menos un empate e unha derrota… A quen vai adicado este título? Non son moito desas cousas, pero por quen máis ilusión me fixo foi por xente como Martín e Mario, que son capitáns e o alma do equipo. Están en todo e en tódalas decisións, e tamén por MC, que viña dunha tempada bastante fastidiada. E como imaxina o Baio de Primeira, xa que agora van sobre aviso? A directiva non vai seguir, pero a que entre o mellor que pode facer é manter o bloque. Non pode ser que moitos conxuntos que suben varíen tantísimo o equipo, e que na maioría dos casos teñan mellor equipo cando están na Liga da Costa que en Primeira; fichan ou moitos futbolistas quedan na Segunda. Afortunadamente, os nosos xogadores son moi do Baio… Equipos como o Fisterra teñen amosado que coa base da casa e sen tocar demasiado o nivel debe bastar… Si, pero por exemplo o Fisterra, exactamente co equipo co que ganou a Liga da Costa, tería estado moi arriba en Primeira Soneira, Sofán e Xallas en Preferente, o Dumbría campión de Primeira, nunha liga con Outes, Zas e Fisterra… e pese a todo o nivel foi do mellor en anos nesta Segunda… Das máis difíciles de ganar, seguro; o nivel medio dos equipos aumentou esta vez, porque en tempadas anteriores había moita diferencia entre os seis ou sete primeiros e, por exemplo, os de abaixo. Custou nun principio, pero parece que os clubes xa apostan por xente titulada, preparadores físicos… e iso non ten repercutido positivamente na competitividade costeira? Os xogadores tamén veñen máis aprendidos; na miña xeración ti empezabas a competir en cadetes ou xuvenís e cando chegan arriba aínda que non teñan o niven necesario en moitos casos; agora os futbolistas levan competindo o dobre

Comentarios