mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: A estreita liña entre éxito e fracaso

Preferente: A estreita liña entre éxito e fracaso
Cuarto triunfo en cinco xornadas invicto para un Xallas que soa a milagre; é a historia antagónica dun Dumbría polo que parece que pouco hai xa que facer, tras dilapidar unha vantaxe que parecía decisiva no campo do colista Róber Pladur foi fundamental para o Xallas - Foto: Conchy Freire Róber Pladur foi fundamental para o Xallas - Foto: Conchy Freire Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport O Val 4-2 Dumbría
  • Campo: Sinde
  • O Val: Rafa, Termi, Borja, Choche (Martín m.71), Álex López, Brandeiro, Josiño (Simón, m.63), Alberto (Óscar m.58), Pablo, Damián y Cris (Artai, m.46)
  • Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina, Canario, Jose, David (Javi, m.86), Aarón, Raúl (Marcos m.75), Iago, Charly, Cespón (Juan de Dora m.71) y Martín (Manu m.46)
  • Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Amonestou a Alcaina, Canario, Cespón e Juan de Dora
  • Goles: 1-0, min 28: Damián; 1-1, min 51: Manu; 1-2, min 74: Charly; 2-2, min 83: Pablo; 3-2, min 84: Álex; 4-2, min 93: Martín
Se nin así… O Dumbría deu un paso prácticamente en xeito de condea a Primeira Autonómica, despois de desaproveitar unha vantaxe de triunfo ante o colista, con apenas sete minutos por desputarse. Os costeiros foron mellores durante prácticamente todo o encontro, aínda que non primeiro acto foi o local Damián o único con tino de cara a gol. O afortunado do empate local abreu a caixa de pandora das desgrazas dumbriesas, con desaxustes inconcebibles para alguén que se xoga a vida.   Xallas 3-1 Atlético Riveira Jesús presiona a Madiop nunha acción do choque dominical - Foto: Chonchy Freire Jesús presiona a Madiop nunha acción do choque dominical - Foto: Chonchy Freire
  • Campo: A Fontenla
  • Xallas: Julián, Cristian, Oscarín, Pablo Novo, Martín Barreiro (Fernando m.38), Canedo, Doro, Jesús, Róber Pladur (Fuentes m.84), Anxo (Coria m.71) e Camilo (Kevin m.58)
  • Atlético Riveira: Héctor, Nano (Miguel m.61), Pablito, Berto, Gus, Marcos, Pape, Fran, Conti (Brais m.68), Álvaro Calo e Madiop
  • Árbitro: Castro Peralta (Lugo). Amonestou a Camilo do Xallas; Madiop e Carnota do Riveira
  • Goles: 1-0 m.7 Róber Pladur; 2-0 m.31 Róber Pladur; 2-1 m.40 Pape; 3-1 m.90 Doro
Un quinto verde Cuarta vitoria en cinco xornadas para un Xallas que comeza a ser o equipo de moda na Preferente Autonómica. Os combeses de novo sairon enchufadísimos ao encontro, ante un rival directo. Non tardou en abrir a conta o esteirán Róber Pladur, despois de controlar no área e xirarse para executar un precioso tanto. Á media hora, e despois de ter perdoado o segundo intres antes, o mesmo protagonista aproveitaba un servizo de Camilo para atopar de novo o camiño do gol. Semellaba estar parte do traballo feito, pero un tanto de Pape pouco antes do intermedio reabría de novo a cita. Os barbanzáns apretaron e moito nun segundo acto agobiante, no que reclamaron un penalti e chocaron tamén contra Julián. Foi Doro o que, nunha contra, selaba o triunfo e mantiña a extraordinaria traxectoria xalleira. O Xallas celebrando un tanto-Foto-Conchy Freire O Xallas celebrando un tanto-Foto-Conchy Freire  

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios