Preferente: Alerta
12:00 21/09/15
Doro no Xallas-Lemos-Foto-Fuentes
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook
Acéndese as alarmas en Dumbría e Santa Comba trala disputa da 5ª xornada, na que os dous equipos volvían deixar escapar pos puntos da casa. Suma 2 puntos o equipo de Canosa, que deixou ver a súa peor vesión no Conco; mentres que o Xallas de Iván Cancela, que mereceu máis ante o Lemos, suma só un punto. Ambos pechan a táboa con só 2 goles a favor cada un.
Dumbría 0-2 Bertamiráns
- Campo: O Conco.
- Dumbría: Iván, David Carreira (Oscarín m.46), Jose, Jano (Lucas m.58), Raúl (Iago m.68), Aarón, Pablo Conde, Cespón (Charly m.65), Jesús, Alcaina e Javi.
- Bertamiráns: Jose, Jacobo, Brayan, Borja, Martín, Iván (Hugo m.81), Adán, Astray, Jesús (Iñigo m.79), Pablo e Calderón.
- Árbitro: Miño Pico. Amonestou a David Carreira e Pablo Conde do Dumbría; Jacobo, Adán e Astray do Bertamiráns.
- Goles: 0-1 m.33 Calderón; 0-2 m.65 Calderón.
A peor versión do Dumbría
Non acaban por mellorar as sensacións que está a deixar o Dumbría no arranque da tempada. Os costeiros foron superados con moita claridade por un Bertamiráns que tivo en Calderón ao seu home fundamental -inaugurou a conta en claro fóra de xogo e sentenciou nun contragolpe-. Só tivo uns intres de acoso o equipo de José Manuel López Canosa, especialmente nun centro chut que se estrelou no longueiro.Xallas 0-1 Lemos
- Campo: A Fontenla.
- Xallas: Julián, Fuentes (Cristian m.70), Jacobo, Hugo (Pablo Novo m.80), Jota, Fernando (Canedo m.70), Doro, Jesús, Coria, Kevin (Anxo m.72)
- Lemos: Álex, Chema, Gustavo, Alami, Ruchi, Diego Núñez, Miguel (Martín m.70), Diego Arias, Jarju (Varela m.30), Quiroga (Camilo m.57), Moski
- Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Expulsou a Jacobo do Xallas e Chema do Lemos. Amonestou a Fernando, Hugo e Jesús do Xallas; Gustavo, Moski e Alami do Lemos.
- Gol: 0-1 m.89 Diego.
Crueldade máxima co Xallas
Parece un copy and paste, pero o certo e que o Xallas é o equipo ‘a piques de’. Non é que contra o Lemos merecera puntuar, senón que só os tres puntos terían feito xustiza ao conxunto combés. Foi un monólogo de oitenta e nove minutos, no que boa parte dos homes de ataque tiveron oportunidades para definir, ante un rival ben plantado e veterano, pero que en ningún momento deixou sensación de querer gañar. Foi nos últimos compases cando unha erro defensivo e un despexe convertido en asistencia para Diego permitiulle ao monfortino resolver ante Julián.Crónicas da Preferente Norte
- X.1: Doble derrota para o comezo de Liga na Preferente.
- X.2: Primeiro punto xalleiro e un set en contra para o Dumbría.
- X.3: Preferente: Unha bagaxe agridoce.
- X.4: Sen gol.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).