mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: Cartel de 'Se busca' para a Fortuna

Preferente: Cartel de 'Se busca' para a Fortuna
Só o Sofán deixou unha alegría entre os representantes costeiros, que parecen ter últimamente todo de costas, incluso a sorte; a falta de acertou matou ao Soneira, mentres que o Xallas parece que ven de ser mirado por un torto Partido intenso no Carral entre Sofán e Mugardos - Foto: SD Sofán Betanzos 4-1 Soneira Campo: García Hermanos Betanzos: Ángel, Luis, Jacobo Lazcano, Taín, Charly (Pipo m.78), Manu Fraga, Andrés (Martín m.62), Cristian, Sergio, Pablo Blanco (Zapata m.65) e Manu Santiso (Mon m.70) Soneira: Josiño, Darío (Basti m.46), Brais Mouzo, Aarón, Rubén Forján ,Óscar, Mayor (Iago m.85), Richi (Dani Casal m.75), Javi, Pichi e Alberto Vía Árbitro: Morlán García (A Coruña). Expulsou a Jacobo Lazcano (m.87) do Betanzos Goles: 1-0 m.21 Sergio; 2-0 m.70 Martín; 3-0 m.72 Sergio; 4-0 m.80 Martín; 4-1 m.88 Dani Casal Un pau demasiado duro Un Soneira algo curto de efectivos e con trocos notables no once caeu derrotado na súa visita a Betanzos, contra o que a comezo de curso era un rival directo e deu nun exemplo de reacción que xa querrían para si os costeiros. Non foi o choque tan desequilibrado para o marcador final, cunha primeira metade de alternativas e na que só atopou o camiño do gol o local Sergio, quen aproveitou un rexeite do meta soneirán. Chegarían a partir de aí os mellores minutos e oportunidades para un Soneira que non acertou a poñer a igualada. O gardamallas Ángel sacou un disparo de Basti e o longueiro negoulle o premio a Javi. E nos vinte minutos finais, o caos. Un bo centro permitiulle a Martín facer o segundo, mentres que nunha xogada persoal Sergio sentenciaba. A honra branca salvouna en parte Dani Casal, coa execución dun libre directo que bateu na barreira. Xallas 1-2 Arzúa Campo: A Fontenla Xallas: Julián; Rubio, Martín Barreiro, Jesús (Róber Pladur, min. 78), Luisito; Fernando, Canedo; Marcos, Doro, Camilo (Anxo, min. 70) e Álex Blanco Árzúa: Albor; David Enjamio, Diego Enjamio, Guille (Suso, min. 85), Carril; Santi, Diego; Álvaro, Iván (Borja, min. 80), Jhonny e Dani Méndez (Fenoy, min. 89). Árbitro: García Carrera (Pontevedra). Expulsou a Fernando (m.70) do Xallas. Amonestou a Jesús, Iván, Guille, Enjamio, Santi e Fenoy Goles: 1-0 m.27 Doro; 1-1 m.45 Dani Méndez; 1-2 m.73 Iván Co ben que estaba! Segunda derrota seguida do Xallas, esta vez ante un Arzúa que curiosamente vive nunha nube similar á que ven de perder o cadro combés. Todo o que parecía ir sobre rodas hai quince días parece agora tirado por un carro de bois, e ata a fortuna da a costas. Empezou todo cun guión máis que fiable para os de Iván Cancela, con igualdade e o de sempre desequilibrando. Fernando meteu un pase perfecto para que Doro controlase como os anxos e resolvese sen deixar caer a bola. Pero que a flor está marchita nótase en detalles como a igualada de Dani Méndez, no tempo de prolongación da primeira metade, nun rexeite e coa axuda de Jesús. Tampouco axudou o meta visitante, que nada máis reanudarse o choque fixo unha parada de vídeo a disparo de Martín Barreiro. O cartón vermello a Fernando e un contragolpe executado á perfección polo Arzúa permitiulle a Iván facer o segundo e ao Arzúa conquistar a Fontenla, nun encontro que da a impresión que hai pouco non tería escapado. Sofán 1-0 Galicia de Mugardos Os carballeses sufriron - Foto: SD Sofán Campo: O Carral Sofán: Fedeyo, Iván Rey (Rubén m.76), Sito, Sera, Félx, Seo, Fabián, Fran (Brais m.70), Raúl (Eibe m.86), Quintela e Álex Figueiras (Adrián m.65) Galicia de Mugardos: Míguez, Isi (Dani Ares m.76), Dapo, Tenreiro, Adrián Martínez, Vázquez, Jorge (Xurxo m.88), Álvaro (Kike m.55), Permuy, Manu (Naya m.75) e Zurzi Árbitro: García Doldán (Santiago). Expulsou a Quintela do Sofán (m.60). Amonestou a Sera, Figueiras, Fran, Fabián e Fedeyo do Sofán; Jorge, Tenreiro e Dani Ares do Mugardos Gol: 1-0 m.25 Sera Un partido moi do Carral Fútbol intenso, loita e moita emoción foron os ingredentes do Sofán-Mugardos, con resultado favorable aos locais e un discurrir cheo de tensión e por momentos de sufrimento. Foi o gardamallas Fedeyo o mellor do partido nunha primeira metade na que sacou dúas accións clamorosas de Permuy. Si tería acerto un Sofán que asinaría o único tanto do encontro nun córner sacado por Álex Figueiras e rematado a gol por Sera. Pasaría a segunda metade a un tipo de choque moito máis brusco e polémico, coa actuación arbitral deixando á parroquia local en modo cabreo importante. A rigurosísima expulsión de Quintela obrigou a recuar aínda máis aos carballeses, que acabaron defendendo con moita coraxe e cunha afección que resultou ese home de menos que lle quedaba no campo á SD.

Comentarios