Preferente: De negro a case inmaculado

13:36 05/09/16
Despois da derrota múltiple na xornada inaugural, os equipos da Costa saldaron cun triunfo e dous empates a segunda semana de competición; o Sofán acadou así o primeiro da súa ata agora curta historia na categoría
Quintela foi un dos destacados en ataque - Foto: SD Sofán
Sofán 2-1 Chantada
Imaxe da histórica formación do primeiro triunfo en Preferente - Foto: SD Sofán
Raúl volveu 'galifar' - Foto: SD Sofán
Campo: O Carral
Sofán: Dani Varela, Iván Rey, David (Adrián m.71), Felix, Rubén, Fabián, Eibe, Brais (Rojo m.46), Luis (Álex Varela m.88), Quintela e Raul (Seo m.84)
Chantada: Ferre, Cristian, Greco, Alberto, Pulpix, Manu, Noe, Joserra (Isaac m.61), Cesar, Kadete e Michi (Sergio m.61)
Árbitro: Pérez Carmuega. Amonestou a Iván Rey e Rojo do Sofán, Manu, César, Noé e Kadete do Chantada
Goles: 0-1 m.37 Manu, de penalti; 1-1 m.64 Raúl; 2-1 m.74 Quintela
Para os libros
O Sofán acadou o primeiro triunfo da súa historia en Preferente. e o fixo non sen sufremento e remontando ante un Chantada que sacara petróleo dunha das súas poucas chegadas ó marco carballés. Apretaron de saída os vermellos, aínda que sin sorte. Ata o punto de que pouco antes do descanso Manu aproveitaba un penalti a prol dos chantadinos para adiantar aos seus. Félix aínda salvaría o segundo. Mudou a pegada local nunha segunda metade onde Raúl e Quintela remontaron, pero na que non deixaron de sucederse os ocasións e chegadas de tódalas cores por parte sofanista.
Sporting Sada 1-1 Soneira
Campo: As Mariñas
Sporting Sada: Carlos, Alejandro, Dani Montes (Jony, m.54), Enrique, Javi Calvo; Steven, Andrés, Alberto (Fran, m 88), Andrés; Santi (Jorge, min 46) e Adrián
Soneira: Anxo,Juan Fuentes, Oscarín, Brais, Aarón, Jota, Óscar de Maema (Roi Caamaño, m.89), Darío (Mayor, m.63),Sandelo; Pichi (Basti, m.71) e Dani Casal (Iago, m.58)
Árbitro: Lago Barros (A Coruña).
Goles: 0-1 m.29 Pichi; 1-1 m.58 Javi Calvo
Pichi…chi
Sacou un traballado punto o Soneira na súa visita a Sada, onde non pareceu botar de menos a futbolistas coma Javi ou De la Sierra, baixas e que obrigaron a tirar de dous futbolistas do Castrelo. Os vimianceses, ou mellor dito Manolito, inventáronse recursos xeniais como a irrupción do lateral Pichi coma dianteiro, evocando tempos pretéritos. O de Urroa incluso anotou un gol e pudo ter anotado outro. Ante un rival inferior a gran mágoa foi a igualada de Javi Calvo, nun moi discutido penalti.
Xallas 0-0 Lemos
Campo: Juan Baleato
Xallas: Julián, Cristian, Bryan, Martín Barreiro (Kevin Rajoy m.73), Brais, Canedo, Luisito (Marcos m.58), Fernando (Róber Pladur m.66), Álex Blanco, Jesús e Kevin
Lemos: Santi, Manu, Edu, Rubi, Diego Núñez, Diego Quiroga (Petrabich m.71), Bahía, Ríos, Tazos, Jorge e Diego (Borja m.89)
Árbitro: Hernández Giadáns (Santiago). Amonestou a Fernando e Canedo do Xallas; Diego Quiroga e Petrabich do Lemos
Sen puntería antes do derbi
O Xallas, que a vindeira semana medirase ao Soneira, non foi quen de materializar algunha das múltiples oportunidades que tivo fronte ao Lemos. Os lucenses apenas inquedaron o marco de Julián e amosáronse coma un conxunto ordeado, sen máis. Houbo unha mellora nas sensacións combeses respecto ao debut ligueiro.


