Preferente: Lei de mínimos, dano relativo
11:22 23/01/17
Nunha xornada na que a expectativa podía ser de novo de pleno de triunfos, ningún dos representantes costeiros sumou de tres en tres; sen embargo, a influencia clasificatoria tampouco é excesivamente sangrante
O Sofán estivo frouxo en Chantada
Soneira 1-1 Sporting Sada
Campo: Municipal de Vimianzo
Soneira: Anxo; Brais, Aarón, Oscarín, Forján; Jota, Mayor (Alberto Vía, m.46), Sandelo (De la Sierra, m.77); Dani Casal (Basti, m.68); Darío (Richi, m.72) e Pichi
Sporting Sada: Carlos Mariño; Manuel (Dani Montes m.56), Adrián, Darío, Alejandro; William, Andrés (Santi, m.72), Jorge Queijeiro, Pablo (Florentín m.85); Fran (Nacho, m.81) e Rafa.
Árbitro: López Bermúdez (Lugo). Amonestou a Mayor, Dani Casal do Soneira; Carlos Mariño, Manuel e Pablo do Sporting Sada
Goles: 0-1 m.7 Pablo; 1-1 m.34 Pichi
Mal, pero non lle deixaron
Un clamoroso penalti non sinalado a favor deixou ao Soneira cun frustrante empate na casa ante o colista Sada, un equipo que viña de recibir dúas goleadas seguidas. Non foi quen o cadro de Víctor Pazos de superar a resistencia dun conxunto que o primeiro que buscou, precisamente, non saír goleado. Pichi e Dani Casal dispuxeron das mellores opcións, pero o xogo non era óptimo. Pichi logrou equilibrar o tanto sorpresa visitante, no enésimo tanto de oportunista do canteirán. Tocou a ofensiva unha segunda metade na que Aarón tivo a mellor e bateu contra a madeira e na que o colexiado non se atreveu a sinalar un clarísimo penalti por derribo sobre Richi.
Chantada 3-0 Sofán
Campo: Sangoñedo
Chantada: Guiti, Alberto, Greco, Delgado (Cristian m.74), Kadete, Traste, Pablo (Pulpis m.81), Noe, Manu, César e Brais (Javi m.81)
Sofán: Fedeyo, Sito (Adrián m.46), Iván Rey, Seo, Sera, Eibe, Fabián (Figueiras m.63), Luis, Rojo (Álex Varela m.72), Raúl (Brais m.46) e Quintela
Árbitro: Mosquera Goce (Vigo). Expulsou a Brais do Sofán (m.90). Amonestou a Pablo do Chantada; Luis, Fabián, Eibe e Álex Figueiras do Sofán
Goles: 1-0 m.2 Brais; 2-0 m.44 Traste; 3-0 m.60 Brais
Non era a tarde
Veu todo revirado na visita do Sofán á Terra Cha, onde o Chantada asinou dous tantos psicolóxicos polo momento no que chegaron, houbo pouco acerto e sen nada que rascar ademais Brais acabaría expulsado. Brais, o local, adiantou aos seus aos dous minutos e fixo que a estratexia dun dos conxuntos con máis anos na categoría fose defender con balón. Acabarían os carballeses por sacudirse esa rede na que estaba a caer e xeraron un par de achegamentos con resposta notable do meta local. E cando xa se cheiraba o descanso, Traste, nun saque de curruncho, poñía todo moi favorable aos seus. Tentaron os de Josito xerar algo nun segundo acto no que seguiron negados e no que o gol de Brais acabou con calquera esperanza.
Lemos 0-0 Xallas
Campo: A Pinguela
Lemos: Santi, Manu, André Sousa (Petrovich, m.68), Mario, Diego Quiroga (Carlitos, m.78), Leo, Tazos, Jorge Rodríguez, Adrián González (Ríos, m.71), Diego Arias e Joao Pedro
Xallas: Julián, Cristian, Luisito, Rubio, Martín Barreiro, Canedo, Doro, Fernando (Álex Blanco, m.60), Anxo, Camilo (Tuñas, m.78) e Marcos (Kevin, m.70)
Árbitro: Pérez Carmuega (Pontevedra). Expulsou a Canedo, do Xallas (m.87). Amonestou a André Sousa, Mario, Diego Quiroga, Jorge Rodríguez, Diego Arias e Joao Pedro do Lemos; Martín Barreiro do Xallas
Feo, pero en parte positivo
Curtouse a xeira de catro vitorias consecutivas do Xallas, precisamente ante un Lemos que non coñece a derrota no que vai de ano. Os combeses tentaron manter a súa línea de xogo, pero toparon cun rival moi incómodo e que apenas concedeu espazos. De feito, para o espectador foi un espectáculo de estoicismo e resistencia. Marcos, en boca de gol, tivo a mellor no primeiro acto. Os monfortinos dispuxeron dunha acción boa por metade, aínda que o erro do partido estivo a piques de sorrirlle aos de Iván Cancela, nun disparo de Álex Blanco co tempo xa cumprimido que tentou blocar o meta Santi, escapóuselle e a bola acabou por bater no pau.