Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Preferente: Nin lles deixaron nin puideron

Preferente: Nin lles deixaron nin puideron
Un gol mal anulado ao Xallas, un cúmulo de erros ofensivos do Sofán e un dominio esterilizado do Soneira deron nunha xornada cunha bagaxe de cero puntos máis a típica faciana de parvo O Sofán caeu en Sada - Foto: SD Sofán O Sofán caeu en Sada - Foto: SD Sofán Xallas 0-1 Noia Indignación final no Xallas - Foto: Xallas FC Indignación final no Xallas - Foto: Xallas FC Campo: A Fontenla Xallas: Julián, Cristian, Bryan, Rubio, Brais, Canedo, Doro, Fernando, Róber Pladur (Anxo, m.68), Kevin (Luisito m.78) e Camilo (Rachón m.71) Noia: Pajarillo, Rubén (Carlos m.74), Tachi, Josiño, Juanjo, Jon, David, Emilio Carril, Canabal (Nando m.60), José Barreiro (Saco, m.60) e Manoliño (Tono m.60) Árbitro: Asier Fariña (Pontevedra). Expulsou a Cristian, do Xallas (m.87). Amonestou a Doro, Canedo e Rachón do Xallas; Manoliño, John do Noia Gol: 0-1 m.62 Emilio Así é máis sinxelo ser líder Non lle deixou o árbitro continuar a súa soprendente xeira ao Xallas. Os combeses marcaron tantos goles legales coma o seu rival, pero o de Róber Pladur contou menos (foi anulado por suposto fóra de xogo) que o de Emilio Carril. Ao igual que contra o Escairón e o Atlético Arteixo, o conxunto verde prantexara un 'de ti a ti' que resultara nun primeiro acto igualadísimo e con só unha oportunidade clara de perigo por cada equipo. Pajarillo volou para negarlle o tanto a Pladur, mentres que John non podía con Julián. Estiraron ambos o seu debuxo nunha segunda metade bonita e que comezara coa polémica do tanto que non foi de Pladur, tras un centro de Bryan desde liña de fondo. O asistente desasistiu ao seu xefe erguendo a bandeira. Si foi decisivo o remate desde a frontal do área e ao fondo da rede de Emilio, tras deixada de David. De aí ao final defendeu á perfección o líder e non acabou de xerar perigo claro un Xallas desarmado. Soneira 1-2 Galicia de Mugardos Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo; Rubén Forján, Aarón Fernández, Brais Mouzo, Óscar de Maema; Jota; Vía, Óscar Romero (Dani Casal m.75), Sandelo, Richi e Javi Galicia de Mugardos: Javi; Adrián Vázquez, Manu, Adrián Martínez, Nacho (Quique, min. 68); Dapo, Cortizas; Artai (Adrián Planas, min. 88), Naya (Dani Ares, min. 85), Tenreiro; y Permuy (Zurzi, min. 81) Árbitro: Castro Castro (Santiago). Amonestou a Aarón Fernández, Javi, Vía; y Quique Goles: 0-1 m.38 Permuy de penalti; 0-2 m.54 Permuy; 1-2 m.76 Dani Casal Tarde piou Excesivamente tardía foi a aparición do Soneira e a súa mellor versión. Os costeiros caeron ante un sólido Galicia de Mugardos, que non amosou demasiadas alegrías ofensivas, pero que non condedeu demasiado. Apenas houbo presencia nas áreas nunha primeira metade igualada e sen dominador, resolta únicamente por un penalti transformado por Permuy preto do intermedio. Na reanudación, os vimianceses borraron ao seu rival do campo, aínda que sen incidencia no marcador (e vai un feixe de veces). Do único xeito que podía achegarse o Mugardos chegou cedo o 0-2, tras unha contra resolta por Permuy. Alberto Vía, ata en tres ocasións, e Javi, cun cabezazo sobre o papel sinxelo, perdoaron nun clima de desesperación. O tanto de Dani Casal resultou o simbólico e inútil premio a quen foi mellor. Sporting Sada 1-0 SD Sofán Non houbo fortuna de cara a gol - Foto: SD Sofán Non houbo fortuna de cara a gol - Foto: SD Sofán Campo: As Mariñas Sporting Sada: Carlos, Martin, Adrian, Kike, Javi Calvo, Steven, Pita (Dani m.46), Puyu, Pablo (Alberto m.85), Johnny (Queijeiro m.60) e Fran (Manu m.73) Sofán: Dani Varela, Ivan Rey, Sito, Félix, Rubén, Eibe (Franchu m.67), Fabián (Alex Figueiras m.82), Luis, Rojo (Brais m.73), Quintela (David m.73) e Raúl Árbitro: Gándara Bello (A Coruña). Amonestou a Kike, Manu e Puyu do Sada; Raúl do Sofán Gol: 1-0 m.48 Pablo Outro ladrillo no muro Non foi o de Donald Trump nin o de Pink Floyd o muro defensivo que tumbou ao Sofán, senón o do colista de Preferente, un Sporting Sada que xogou dignísimamente as súas veces. Pode que fora o peor día do curso dos carballeses, que marraron ata dez oportunidades clarísimas de gol e sufriron a grave lesión de Rubén, con fractura de cúbito. Unha contra finalizada por Pablo ao pouco de comezar a segunda metade decidiu un encontro no que os sadenses defenderon por acumulación. Non houbo fortuna para o Sofán nin co gol anulado a Félix, curiosamente un vello coñecido nas Mariñas.

Comentarios