Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: 2 vitorias, por fin

Preferente Norte: 2 vitorias, por fin
Xa facía tempo que no tiñamos unha xornada con mais novas positivas que negativas na Preferente. So o Sofán non puntuou, ó caer co Viveiro. O Dumbría estreou técnico e levouse a vitoria ante o Ribadeo, e o Xallas, con un gol de Camilo no desconto, atopou o premio ó traballo no derbi de cercanías ante o Dubra. XALLAS 2 - DUBRA 1 XALLAS: Coke, Cristian, Pablo Vigo, Puyi, Alex Canedo, Borja Gándara, Kevin (Camilo 74´), Marquiños (Abel 88´), Fernando, Uxío e Julián (Doro 46´) GOLES: 0-1 14´Berto   1-1 23´Julián   2-1 89´Camilo Expulsado Uxío no 59´ Que gran vitoria a do Xallas onte, ante un dos equipos potentes da Preferente, e xogando con 10 dende o 59´por expulsión de Uxío. Adiantouse o Dubra nun centro de Gesto que Berto rematou ó fondo das mallas. Pouco despois Uxío forzou unha pena máxima que Julián transformou no tanto do empate. A expulsión do dianteiro xalleiro fixo que o Dubra tivera o control do balón prácticamente todo o segundo tempo, pero sen apenas ocasións, e nunha contra levada por Doro Camilo plantouse so diante do meta visitante e bateuno cando xa remataba o partido, dándolle a vitoria ó equipo de Néstor. DUMBRÍA 2 - RIBADEO 1 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Pablo Paz 34´), Mataso, Julito, Edu (Fabio 78´), Aarón, Mackay (Mauro 89´), Rivi, Marcote (Raúl 65´), Cespón e Yuyo GOLES: 1-0 7´Martín Traba en pp   2-0 13´Mackay   2-1 77´Vicente Expulsado Cespón 68´ O Dumbría dedicoulle o triunfo ó seu xogador Canario, que se ten que operar do xeonllo Non puido ser mais positivo a estrea de Nacho no banco do Conco. O equipo local volveu por onde solía e venceu a un poderoso Ribadeo, cimentando o triunfo nunha das súas clásicas saídas a por todo nos minutos iniciais, onde sorprendeu ó conxunto visitante, e defendendo despois con orde a portería dun excelente Iván Bouzón. O fisterrán do Ribadeo, Martín Traba, parece que sabedor das necesidades dos seus paisanos, anotou en propia porta ós 7 minutos. Bouzón luciuse ante os dianteiros visitantes e pouco despois Mackay puxo terra de por medio. A expulsión de Cespón no segundo tempo acentuou o dominio visitante, mais despois do gol de Vicente, pero o Dumbría foi quen de cerrar os camiños á súa porta e levarse tres puntos vitais.   SD SOFÁN 1 - VIVEIRO 2 S.D.SOFÁN: David Pena, Sera (Adrián 82´), Pablo Domínguez, Sito, Juanjo, Jonathan, Eibe, Matías (Raúl 65´), Alexandre, Luis e Quintela. GOLES: 0-1 24´Meitín  1-1 67´ Jacobo Eibe  1-2 80´Jon Vaia partido se lle escapou á Sd nas Eiroas. Foi superior ó Viveiro, sobre todo no segundo tempo, pero marrou demasiadas ocasións e pagouno caro. No primeiro tempo Luis no 12´ e Alexandre no 16´ plantáronse ante Brais pero non foron quen de anotar. Nunha rápida transición adiantouse o Viveiro. No 30´ veu a xogada polémica do partido: un claro agarrón a Alexandre dentro da area non foi sinalado ante a desesperación da grada. O segundo tempo foi da SD. Brais fixo un paradón a remate de Quintela no 54´. Luis disparou fora no 58´. Eibe igualou con un golazo, e tivo o segundo Sera nun remate en plancha a porta valeira no 73´. Acosaba o cadro de Cancela, pero nun córner en contra adiantouse o Viveiro. A Sd lanzouse á desesperada pero non foi quen de igualar.

Comentarios