Luns. 23.09.2019
El tiempo

Preferente Norte: adestrador novo, vitoria segura

Preferente Norte: adestrador novo, vitoria segura
S.D. SARRIANA 2 - S.D. SOFÁN 0 S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén, Canedo, Eibe (Juanjo 73´), Fabián, Camilo, Alexandre (Jonathan 67´) e Raúl (Quintela 60´) GOLES: 1-0 65´Quiroguita   2-0 76´Luisma Non puido o Sofán traer puntos de Sarria ante un enrachado equipo local, nun encontro no que o máis xusto tivera sido un empate. O primeiro tempo foi aburrido, de tanteo, sen demasiadas ocasións. O colexiado non sinalou un claro penalti a Fabián no minuto 43. O mesmo xogador tivo a mellor ocasión do Sofán na reanudación pero o seu disparo foise alto cando se atopaba só diante do meta local. E nunha contra anotou a Sarriana o primeiro. Non reaccionou o equipo de Cancela e encaixou o segundo nunha falta lateral. Nos últimos instantes os visitantes estrelaron un balón no longueiro nun remate de Juanjo pero pouco puideron facer. PUEBLA C.F. 0 - XALLAS F.C. 1 XALLAS F.C.: Julián Couto, Cristian, Jacobo, Dani Becerra, Rubén, Abel (Doro 86´), Julián López, Madiop (Alex Blanco 64´), Marcos (Eloy 67´), Iago Garrido e Iván González (Oliver 77´) GOL: 0-1 48´Iván González Foi expulsado Iago Pérez 65´ Trouxo o Xallas os puntos da Pobra no primeiro encontro sen o seu adestrador Néstor. E fixoo merced a un partido moi serio, sen conceder apenas ocasións e aproveitando unha das que tivo. No primeiro tempo avisou Iván González cun remate ó lateral da rede cando se atopaba só, pero non fallou na reanudación, nunha boa xogada de Marcos que o dianteiro de Noia mandou ó fondo das mallas. Puido sentenciar Abel nun remate que se foi alto tras xogada de Julián López, e evitou a igualada Julián Couto nun paradón a lanzamento de falta de Aguado. A expulsión do central visitante Iago facilitou as cousas ó Xallas, que se fixo cunha merecida vitoria.

Comentarios