Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: adestrador novo, vitoria segura

Preferente Norte: adestrador novo, vitoria segura
Xa o di o tópico futbolístico, e cumpriuse hoxe en Santa Comba. O Xallas tivo a sorte que lle faltou tanto outros dias, e aproveitouse para ganar cómodamente e de paso poñer colista ó Outeiro de Rei. O Dumbría segue con baixas e caeu ante o potente Dubra no Conco, e o Sofán sufriu un riguroso arbitraxe e non puido manter a vantaxe que lograra antes do descanso. S.D.SOFÁN 1 - RESIDENCIA 1 S.D.SOFAN: Rumbo, Iván Rey, Pablo, Sera (Rubén 61´), Félix, Jonathan, Canedo, Alexandre (Matías 79´), Raúl (Quintela 61´), Fabián (Eibe 71´) e Juan de Dora GOLES: 1-0 41´Juan de Dora 1-1 59´Dani Galán de penalti Disputadísimo partido nas Eiroas Escapáronselle dous puntos á SD que ben puideron ser tres, despois de ter que xogar media hora con 10 homes tras a expulsión de Jonathan por dobre cartón.  A SD dominou o primeiro tempo con autoridade, aínda que con poucos disparos a porta. Tivo Alexandre un bo disparo dende fora da area no 31´, e Félix enviou alto un córner no 40´. Pouco despois veu o gol de Juan, que aínda tivo outra ocasión antes do descanso. No segundo tempo cambiou todo. Un rigurosísimo penalti doulle o empate ó Residencia, e a expulsión de Jonathan fixo que a SD tivera que correr o indecible para levarse un punto. Rumbo fixo un paradón a disparo de Corral, e Dani Galán estrelou un disparo no longueiro ós 84´. A SD tivo as súas, sobre todo un remate de cabeza de Canedo que detivo Diego. Ó final igualada e xusto reparto de puntos. XALLAS 3 - OUTEIRO DE REI 0 XALLAS: Julián Couto (Koke 30´), Cristian, Pablo Vigo, Alex Canedo, Raúl Añón, Puyi (Borja Gándara 12´), Julián López, Alex Blanco (Uxío 78´), Kevin, Fernando, Marquiños GOLES: 1-0 1´Julián   2-0 67´Alex Blanco   3-0 82´Uxío Como outros días o Xallas adiantouse pronto no marcador, como non, por medio de Julián cun golazo de vaselina. Pero esta vez mantivo a vantaxe. O Outeiro quedouse pronto con 10 homes tras a expulsión de Samuel no 23´. Lesionouse o gardameta Julián e tivo que debutar Koke este ano na portería xalleira. O Xallas foi un equipo fiable, defensivamente seguro, e nunha xogada de Marquiños por banda fanlle penalti, que transforma Alex Blanco. Uxío tras un bo pase de Pablo Vigo cerrou unha balsámica vitoria para os Xalleiros no estreno de Néstor. DUMBRÍA 0 - DUBRA 3 DUMBRÍA: Sergio, David Carreira (Cachadiña 66´), Raúl (Fabio 77´), Iago, Matías, Aarón, Mackay, Mauro (Edu 66´), Marcote (Mataso 77´), Cespón e Yuyo (Ayose 77´) GOLES: 0-1 62´Gonzalo   0-2 64´Iván Facal   0-3 72´Dani Moto Está a sufrir o Dumbría coas baixas de homes chave. Hoxe no Conco non foi quen de levar nin un punto ante o Dubra. O encontro foi feo no primeiro tempo, con moito balón longo e apenas ocasións de gol. So Mackay tivo unha opción para os locais, pero o de Fisterra non andivo hoxe co seu habitual e acertado punto de mira. No segundo tempo o Dumbría pilloulle o tono ó encontro, pero nun saque de banda chegou o primeiro gol do Dubra, e na seguinte xogada unha internada pola esquerda finalizouna Iván Facal ó fondo da rede. O partido estaba sentenciado, o terceiro gol non foi mais que un trámite.  

Comentarios