Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: cero de tres

Preferente Norte: cero de tres
Vaia xornada en Preferente Norte. Os tres representantes da Costa da Morte foron derrotados a domicilio. O Sofán non tivo opción de case nada no Ceao ante o potente filial do Lugo. O Dumbría foi sen mais da metade do once titular a Lugo e foi goleado polo Residencia. E o Xallas, realmente gafado, perdeu nos últimos sete minutos a vantaxe que adquirira co gol de Julián López. Dia para esquecer. LUGO B 3 - S.D. SOFÁN 0 S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Pablo Domínguez, Rubén (Sito 56´), Félix (Juanjo 60´), Jonathan, Eibe, Fabián (Matías 56´), Quintela, Alexandre e Juan de Dora (Raul 56´). GOLES: 1-0 18´Escriche 2-0 24´Cuadrado 3-0 53´Cuadrado Quintela non foi quen de romper a defensa lucense Caeu a SD na agra do Ceao, un 105 x 70 ó que non se dou adaptado o cadro de Iván Cancela. O Lugo saiu decidido a sentenciar pola vía rápida e conqueriuno nas duas primeiras chegadas que tivo, con dous golazos de Escriche e o tanque Cuadrado, máximo goleador da categoría. A SD reaccionou no último cuarto de hora do primeiro tempo, e tivo unha boa opción nas botas de Jonathan. No segundo tempo o Lugo sentenciou rápido o partido, e ambos equipos baixaron o ritmo. Tivo a SD as súas mellores ocasións neste tempo nas botas de Alexandre e Matías, pero tamén Javi Rumbo fixo tres paradóns, un deles detendo un penalti a Cuadrado, para deixar o marcador en 3-0. BOIMORTO 2 - XALLAS 1 XALLAS: Julián, Cristian, Pablo Vigo, Dani Becerra (Borja Gándara 66´), Alex Canedo, Raúl Añón, Marquiños, Fernando, Alex Blanco (Uxío 76´), Julián e Kevin. GOLES: 0-1 7´Julián   1-1 83´Neto   2-1 89´Neto Expulsado Noé 86´ O Xallas non aguantou o empuxe final do Boimorto e caeu derrotado Cuarta derrota consecutiva dun Xallas que está a ver a cara mais cruel do fútbol. A pesar de adiantarse cedo no marcador con un disparo axustado ó pao de Julián, e de dispoñer de un man a man do propio Julián para sentenciar, o guión do encontro xirou de imprevisto co gol do empate de Neto, ó revolverse na area a falta de 7 minutos. Ata aquel entón o Xallas non estaba a pasar apuros, e a sorpresa e decepción foi maiúscula cando o propio Neto colou pola escadra un libre directo que daba os puntos ó Boimorto e deixa ó Xallas en situación complicada. RESIDENCIA 5 - DUMBRÍA 1 DUMBRÍA: Sergio, David Carreira, Raúl (Mario 70´), Julito (Brais 80´), Matías, Cachadiña (Fabio 70´), Yuyo, Mauro, Marcote, Edu (Barrientos 80´) e Mataso (José 55´) GOLES: 1-0 2´Mauro   2-0 8´Borja   3-0 20´Edgar   4-0 52´Borja   4-1 64´Marcote   5-1 76´Borja Mala tarde do Dumbría en Lugo onde non tivo opción ningunha ante un rival que se encontrou cun conxunto costeiro que deu moitas facilidades dende o inicio. A plaga de baixas, ata 7 titulares fora do equipo, condicionou a un conxunto dumbriés que ós 20 minutos xa perdía por 3 - 0. O resto do partido foi un longo vagar para os xoves rapaces de Lobelos, que aproveitou para facer debutar en Preferente a varios canteiráns. O Dumbría non tivo a mellor das tardes en Lugo

Comentarios