Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: costa abaixo preocupante

Preferente Norte: costa abaixo preocupante
Vaia xornadas levamos en Preferente Norte cos nosos representantes. Resístese a vitoria, proba da dureza da competición nesta categoría. Igualou o Xallas, unha vez mais con méritos para gañar pero sin a fortuna necesaria. Dumbría e Sofán levaron duro, serios correctivos, ante o líder o Sofán, e en Viveiro os de Lobelos, ós que nin a volta de Bouzón á portería salvou dunha goleada. RESIDENCIA 1 - XALLAS 1 XALLAS: Coki, Cristian, Pablo Vigo, Puyi (Uxío 86´), Alex Canedo, Borja Gándara, Fernando, Marquiños (Camilo 81´), Julián (Dani Becerra 89´), Alex Blanco e Kevin (Doro 81´). GOLES: 1-0 7´Mauro   1-1 15´Alex Blanco Expulsado Alex Blanco 78´ O Xallas vai de empate en empate Traballada igualada do Xallas no campo da Cheda. Adiantouse pronto o Residencia cun remate de Mauro, pero nun centro de Kevin o dianteiro Alex Blanco enviou o balón de certeiro cabezazo ó fondo da rede. Esta igualada non se movería ata o final do partido, aínda que o Xallas tivo a poucos minutos do final a opción de levarse os tres puntos, pero un bo remate de Julián sacouno o porteiro local en gran parada para deixar a igualada no marcador. PAIOSACO 3 - SD SOFAN 0 S.D. SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Sito, Sera, Rubén (Matías 16´), Pablo, Canedo (Eibe 51´), Jonathan, Alexandre, Quintela (Luis 67´) e Juan de Dora (Raúl 67´) GOLES: 1-0 56´Bilal 2-0 72´Iván Amor  3-0 76´Josiño Juan de Dora estivo moi vixiado pola defensa local Clara derrota da SD nunha desafortunada tarde na que saíu con 2 lesionados máis, Rubén cun aparatoso golpe na cara que asustou a todo o mundo, e Canedo cun esguince de nocello.  O partido foi moi espeso no primeiro tempo, cos equipos gardando a súa portería e sen apenas ocasións. Alexandre disparou alto na mellor dos visitantes. Rubén, nun choque con Juanma tivo que sair do campo sangrando abundantemente. Rumbo estivo ben ante Chicho e Juanma disparou cruzado nas dúas ocasións locais antes do descanso. No segundo tempo a saída de Pablo desnivelou o encontro. O carrileiro zurdo fixo o que quixo pola súa banda. Bilal adiantou ós locais e a SD descompúxose, sin poder recompoñerse á saída de Canedo tamén por lesión. A profundidade de banquiño do Paiosaco fixo o resto. VIVEIRO 5 - DUMBRÍA 1 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito (David Carreira 76´), Raúl (Mataso 62´), Iago, Matías, Aarón, Edu (Mauro 70´), Rivi, Marcote, Cespón e Yuyo GOLES: 1-0 13´Meitín   2-0 22´Xenxo   3-0 31´Alex Paz   3-1 66´Aarón   4-1 75´Xaime   5-1 89´Pelayo O Dumbría non mereceu tal goleada O Dumbría non foi capaz de saír da súa negativa xeira de resultados en Viveiro, e caeu goleado ante o equipo local. A presencia de Bouzón na portería tras varias semanas sen facelo non foi o revulsivo esperado. O primeiro tempo foi claramente de cor local. Dous tempraneiros goles, de Alex Meitín e Xenxo poñían en vantaxe ó Viveiro. Alex Paz anotou o terceiro a pouco do descanso. O partido estaba moi costa arriba, pero o Dumbría tentouno no segundo tempo, acurtou distancias por medio de Aarón López, pero veuse abaixo nos últimos minutos e encaixou dous goles mais.

Comentarios