Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: derbi igualado e xusta derrota.

Preferente Norte: derbi igualado e xusta derrota.
Igualada no derbi de Preferente, empate valorado por ambos adestradores como xusto, pois o encontro foi parexo de principio a fin. E forte derrota da S.D.Sofán en As Pontes nun encontro no que nunca tivo opción de nada. Todos os resultados en www.futboldacosta.com. XALLAS C.F. 0 - C.F.DUMBRÍA 0 XALLAS: Julián, Puyi, Pablo Vigo, Dani Becerra, Alex Canedo, Borja Gándara (Abel 66´), Marquiños (Raul Añón 72´), Fernando Amable, Alex Blanco (Camilo 56´), Julián e Kevin (Uxio 84´). DUMBRÍA: Iván Bouzón, José, Canario (MAuro 89´), Iago, Matias, Julito, Mackay, Rivi, Marcote (J.Caamaño 89´), Cespón e Yuyo (Edu 85´). Xusto empate en Fontenla. Son os derbis os partidos do medo. Medo a perder e a ter que aguantar os vaciles do veciño unha volta completa ata que o calendario nos de revancha. E quizais foi o que pasou en Fontenla. Coñecedores das virtudes do rival, ambos equipos plantexaron un enfrontamento para nadar e gardar a roupa. Mais replegadiño o Dumbría, e mais dominador o Xallas, pero en esencia o mesmo. Tratábase de non cometer erros, e así saiu a cousa. As sancións de Cristian por parte local e Aaron pola visitante tivo consecuencias nos onces, entrando Becerra de central e pasando Puyi ó lateral dereito no Xallas, e sendo titular Julito no lado do Dumbría. O trío dumbriés formado por Marcote, Mackay e Yuyo era o obxeto da búsqueda dos balóns dos de Lobelos, e estos xogadores tiveron as primeiras opcións. Julián, o faro que debe guiar ó Xallas, dispuxo de unha boa ocasión nun disparo dende a frontal da area, e antes do descanso un disparo de Yuyo bateu nun defensa e saiu fora por pouco. No segundo tempo intensificouse o dominio local, pero á contra o Dumbría é ben perigoso. Mackay e Marcote non foron quen de adiantar ós visitantes en boas opcións, pero a mais clara tivoa Kevin. Intenso e igualado derbi no que parece que o mais xusto se produciu, o empate.   AS PONTES 4 - S.D.SOFÁN 0 AS PONTES: Paco, Sergio, Cabarcos, Rego, Dani Fdez., Rober, Bossa, Fidi (Quique 71´), Pablo Ramos (Chis 59´), Adrian (Rubén Pardo 73´) e Eloy (Carballeira 87´). S.D.SOFÁN: Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez,  Félix, Rubén (Sito 59´), Canedo, Jonnathan (Eibe 46´), Luis, Fabián (Matias 46´), Juan de Dora (Rojo 46´) e Quintela. GOLES: 1-0 4´Rego á saida dun corner   2-0 5´Bossa de falta   3-0 29´Adrian tras pared con Eloy   4-0 89´Rubén Pardo tras unha falta.   O primeiro gol de Rego desequilibrou o choque.   Ten fácil resumo o encontro de hoxe no Poboado: As Pontes aproveitou dous balóns parados en cinco minutos de pájara da SD e a partir de ahí dedicouse a sestear. Fin. Os feitos foron cristalinos: primeiro corner, erro de marca e gol de Rego. Seguinte xogada, falta ó borde da area, lanza Bossa, bate o balón na barreira e novo gol. A partir de ese intre, a preparación de partido da SD veuse abaixo. Tentaron remar os de Cancela pero fíxose moi difícil crear perigo a un gran equipo, que non tiña problemas en manter o balón con solvencia. Adrián fixo o terceiro nunha parede con Eloy, e ó descanso todo estaba feito. A SD estivo mellor cos cambios no segundo tempo. As Pontes baixou o ritmo, e a SD tivo as súas opcións, incluso Quintela foi obxeto dun penalti non sinalado. Ainda así, solo serían tarefas de maquillaxe pois a victoria local foi moi xusta.

Comentarios