Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Preferente Norte: dúas vitorias balsámicas como locais

Preferente Norte: dúas vitorias balsámicas como locais
S.D. SOFÁN 5 - C.D. FOZ 0 S.D. SOFÁN: Jesús Jurado, Sera, Félix, Antonio, Camilo (Iván Rey 65´), Canedo (Juanjo 71´), Jonathan, Pablo Domínguez, Eibe (Quintela 58´), Fabián e Alexandre (Raúl 69´). GOLES: 1-0 51´Pablo Domínguez 2-0 58´Fabián  3-0 69´Alexandre  4-0 88´Quintela 5-0 90´Quintela  Clara vitoria da SD ante un rival que plantou cara ata o primeiro gol pero que despois se veu abaixo. Duas claras ocasións da SD de inicio, un remate de Pablo que saiu lambendo o pao e outro de Alexandre que sacou coa cara o porteiro local. O Foz só tivo opcións a balón parado, e na máis clara Jesús sacou unha boa man para impedir o tanto. Alexandre cun tiro cruzado e Sera de cabeza tiveron ocasións claras antes do descanso.Na reanudación unha gran xogada de Fabián doulle o gol a Pablo en bandexa. A partir de ahí a a SD foi moi superior. Meteu 5 tantos, estrelou dous balóns nos paos, e tivo ocasións para facer polo menos 2 ou 3 goles máis. O Foz baixou os brazos e non tivo ningún poder de reacción. XALLAS C.F. 2 - SAN TIRSO S.D. 1 XALLAS CF: Coke, Cristian, Jacobo Lois (Madiop 44´), Santi, Dani Becerra, Abel (Iago Garrido 70´), Doro, Julián, Marcos (Eloy 77´), Iván González (Carlos 73´) e Oliver GOLES: 1-0 11´Abel   2-0 30´Doro   2-1 90´Oscar Varela Importante vitoria do Xallas ante un rival directo en Fontenla, nunha tarde inspirada do seu centrocampista Abel que fixo o primeiro tanto e dou o segundo. Pronto se adiantou o Xallas, nunha boa xogada persoal de Abel. Á media hora o segundo, nun pase do propio Abel a Doro que define diante do porteiro visitante. O propio Abel puido redondear unha tarde perfecta no segundo tempo, pero foille anulado un gol por fora de xogo. Despertou o San Tirso a partir do minuto 65 e buscou o empate. Alvaro disparou cruzado, e Coke tivo que sacar unha boa man para enviar a córner un disparo de Oscar. No 77 Xián rematou ó pao, e aínda tivo o central César outra ocasión pero rematou alto. O gol de Oscar co tempo cumplido non chegou e o Xallas levouse tres vitais puntos.

Comentarios