Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: Dumbría e Sofán aúpanse na taboa clasificatoria

Preferente Norte: Dumbría e Sofán aúpanse na taboa clasificatoria
S.D.SOFAN - Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Canedo, Eibe (Jonathan 64´), Fabián (Juanjo 87´), Juan de Dora (Quintela 64´), Luis e Matías (Sera 75´). BOIMORTO - Manu, Corral (Neto 46´), Luis, Joseba, Costoya, Nacho, Luisma (Pose 80´), Figu (Sergi Monterroso 37´), Sergio, Julito e Andrés Pardo. GOLES: 1-0 20´Fabián   2-0 25´Fabián Que gran primeira media hora fixo a SD hoxe nas Eiroas, que lle valiu para sentenciar pronto o encontro. Dende o inicio levou o peso do partido, buscando a portería rival cun fútbol de alta escuela. Tivo Félix unha clarísima ocasión nunha estratexia, e Juan de Dora rematou fora pouco despois. En 5 minutos Fabián con duas xogadas colectivas para enmarcar acabou co partido. Estirouse o Boimorto cun remate de cabeza de Andrés Pardo que batiu en Félix e foise fora por pouco. No segundo acto cambiou de sistema de xogo o equipo visitante buscando a profundidade pero ainda que logrou meter o encontro nun fútbol mais directo e de loita, apenas creou perigo na meta de Rumbo. O porteiro local so interviú facendo unha gran parada a disparo de Neto. As contras da SD, ainda que escasas foron bastante perigosas, e Fabián ainda puido anotar outro tanto pero o seu remate coa zurda foise alto.
Colócanse na zoa alta da taboa clasificatoria a SD Sofán e o Dumbría despois das súas vitorias ante Boimorto e Outeiro de Rei. O Xallas pola súa parte cortou a súa melloría cunha derrota inesperada como local ante o Castro. S.D.SOFAN 2 - BOIMORTO 0 S.D.SOFAN - Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Canedo, Eibe (Jonathan 64´), Fabián (Juanjo 87´), Juan de Dora (Quintela 64´), Luis e Matías (Sera 75´). GOLES: 1-0 20´Fabián   2-0 25´Fabián O Sofán asómase ós postos altos Que gran primeira media hora fixo a SD hoxe nas Eiroas, que lle valiu para sentenciar pronto o encontro. Dende o inicio levou o peso do partido, buscando a portería rival cun fútbol de alta escuela. Tivo Félix unha clarísima ocasión nunha estratexia, e Juan de Dora rematou fora pouco despois. En 5 minutos Fabián con duas xogadas colectivas para enmarcar acabou co partido. Estirouse o Boimorto cun remate de cabeza de Andrés Pardo que batiu en Félix e foise fora por pouco. No segundo acto cambiou de sistema de xogo o equipo visitante buscando a profundidade pero ainda que logrou meter o encontro nun fútbol mais directo e de loita, apenas creou perigo na meta de Rumbo. O porteiro local so interviú facendo unha gran parada a disparo de Neto. As contras da SD, ainda que escasas foron bastante perigosas, e Fabián ainda puido anotar outro tanto pero o seu remate coa zurda foise alto. XALLAS C.F. 0 - CASTRO 1 XALLAS: Julián, Cristian, Pablo Vigo, Dani Becerra (Abel 66´), Alex Canedo, Pui, Doro, Kevin, Álex Blanco (Fernando Amable 80´), Julián López e Camilo (Marquiños 53´). GOL: 0-1 64´Hugo Buíde O Xallas sufriu ó duro Castro e non dou continuidade á pasada vitoria Tarde aciaga a de sábado en Fontenla. Nun encontro con apenas ocasións para os dous equipos o Castro levouse os puntos nunha xogada a balón parado, sen merecelo. O Xallas viu como se lle anulaba un gol no primeiro tempo, nunha xogada que se lle fixo un claro penalti a Doro, o colexiado deixou seguir a acción e un centro de Kevin rematao Alex Blanco a gol, pero o linea levanta fora de xogo do propio Doro, que non interviña na xogada. A partir do afortunado gol o Castro o Xallas tentouno con mais corazón que cabeza pero non foi quen de logra a igualada.   DUMBRÍA 3 - OUTEIRO DE REI 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito, Raul, Iago, Matías (Carreira 66´), Aarón López, Mackay (Mataso 75´), Rivi (Cachadiña 46´), Marcote, Cespón (Edu 69´) e Yuyo. GOLES: 1-0 28´Mackay   2-0 48´Cespón   3-0 50´Aarón López Unha formación que xa se está a convertir en clásica O Dumbría está a converter o Conco nun feudo inexpugnable. Volveu a vencer e convencer ante un rival superado polo bo xogo dos locais. De inicio xa tivo o Dumbría boas opcións de adiantarse nas botas de Yuyo, Rivi e Aarón, e á media hora Mackay rouba un balón á defensa do Outeiro e define coa súa mestría habitual. Puido sentenciar Marcote a pouco do descanso pero a súa vaselina lambiu o pao. No segundo tempo tivo que sair Cachadiña por Rivi lesionado, e o rapaz de Cabana foi o mellor xogador sobre o terreo de xogo. Aarón á saida dun corner e Cespón de disparo á escadra sentenciaron ó Outeiro. O Dumbría levouse con total xustiza o encontro.

Comentarios