Martes. 16.07.2019
El tiempo

Preferente Norte: duras derrotas por diferentes motivos

Preferente Norte: duras derrotas por diferentes motivos
AS PONTES 3 - S.D. SOFÁN 1 S.D. SOFÁN: Rumbo, Antonio, Félix, Rey (Rubén, min 66), Raúl (Juanjo, min 58), Pablo, Canedo, Jonathan (Matías, min 52), Alexandre (Nacho Moreno, min 82), Eibe e Camilo Goles: 1-0, min 42: Dani; 1-1, min 46: Eibe; 2-1, min 90: Bossa, de penalti 3-1, min 93: Carlos. Un clamoroso erro arbitral evitou que a SD fose o primeiro equipo en arrebatarlle puntos ó líder As Pontes. Co tempo cumplido Sergio escapa cara a portería de Rumbo, é trabado por Antonio dous metros fora da area e o colexiado, incomprensiblemente, sinala penalti e expulsa ó central sofanista. O terceiro gol de Carlos é unha mera anécdota, pois pillou a todo o equipo de Cancela buscando o empate nun córner. A Sd mereceu máis. Xogou un auténtico partidazo, maniatando en todo momento ó conxunto local, que apenas tivo ocasións de gol. As opcións no treito inicial foron da Sd. Un disparo de Alexandre, un remate de cabeza de Rey e un centro de Raúl ó que non chega Camilo. A partir da media hora desperezouse As Pontes. Bossa lanzou unha das súas faltas mortíferas rozando o longueiro, e chegou o gol de Dani nun centro magnífico de Pablo Ramos. Eibe puxo xustiza no marcador nada máis volver dos vestiarios cun golazo de falta. A Sd estaba cómoda no campo, e incluso tivo algunha opción de adiantarse no marcador, como un disparo de Matías tras gran xogada individual. A saída de Carlos nos locais doulles máis fútbol. O fisterrán Martín Traba disparou desviado e cando o encontro ía irremediablemente hacia o empate, chegou a xogada clave do partido, un erro do colexiado que evitou que a Sd sumase un merecidísimo punto. VIVEIRO C.F 5 - XALLAS C.F. 1 XALLAS CF: Julián, Cristian, Rubén, Jacobo, Santi (Abel 60´), Julián López, Madiop, Marcos (Doro 77´), Iago Garrido (Eloy 74´), Iván González (Alex Blanco 71´) e Oliver GOLES: 1-0 12´Arturo   1-1 42´Iván González   2-1 53´Xaime de penalti   3-1 74´Xaime de penalti   4-1 88´Rolle   5-1 89´Alex Meitín Sufriu un duro correctivo o Xallas nun encontro no que o resultado é demasiado abultado para o que se viu no terreo de xogo. Adiantouse o equipo local nun centro de Alex Paz ó segundo pao que Arturo converteu en gol. Un bo pase de Rubén a Iván González serviu para unha xusta igualada antes do descanso. A xogada clave foi o penalti que sinala o colexiado por mans de Cristian que significa o 2-1 e a expulsión do bravo lateral. Outro penalti, vaia tarde dos nosos cos penaltis, significou o 3-1, novamente transformado por Xaime. Intentouno cos cambios o Xallas pero nos últimos minutos o Viveiro engordou un marcador que como decíamos foi demasiado abultado para o que se viu no terreo de xogo.  

Comentarios