Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: este Dumbría está moi vivo

Preferente Norte: este Dumbría está moi vivo
XALLAS F.C. 1 - S.D. RESIDENCIA 1 XALLAS: Julián Couto, Cristian, Pablo Vigo, Alex Canedo, Raúl Añón, Puyi, Camilo (Doro 69´), Borja Gándara, Julián López, Oliver (Abel 84´) e Alex Blanco (Uxío 60´) GOLES: 1-0 30´Julián López   1-1 90´Adrián Vázquez Un Xallas xa salvado está a acusar a falta de obxectivos e hoxe non foi quen de vencer ó Residencia. Dominou o encontro e tentou combinar a pesar do mal estado de Fontenla. Julián anotou tras un saque de banda rápido de Puyi. Co 1-0 o Xallas buscou as contras cun Residencia que acosou máis no segundo tempo. Tras un córner o central Adrián Vázquez anotou o empate xo tempo xa cumplido e prolonga a xeira do Xallas de 4 xornadas sen coñecer a vitoria. S.D. SOFÁN 0 - U.D. PAIOSACO 2 S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Rubén, Sera, Pablo Domínguez, Canedo, Fabián (Sito 71´), Matías (Matías 61´), Alexandre, Quintela (Juanjo 89´), Raúl e Juan de Dora. GOLES: 0-1 53´Popi 0-2 89´Manjarín Derbi trepidante nas Eiroas, con poucas ocasións de gol pero intensidade e pelexa ata o final, non exento de polémica. A Sd quedou con 9 homes no campo despois das expulsións de Juan de Dora 85´e Canedo 87´. O primeiro tempo foi de respeto mutuo, Quintela non chegou a un centro de Pablo por pouco no 19´e Diego Lois mandou alto unha boa contra no 32´. Bilal, que estivo moi ben, centrou para que Bam Bam non atinase a marcar no 40´. No segundo tempo, o gol de Popi á saída dun córner desnivelou a contienda. Antes Bam Bam tivo unha ocasión clarísima, pero Rumbo fixo un paradón a boca de xerro. A Sd estirouse pero Quintela e Juan de Dora dispararon frouxo ás mans de Dani Moreno, e Raúl rematou de cabeza chapando o porteiro. Rumbo estivo moi fino a disparos de Diego Lois e Josiño, e chegou a bronca cunha acción entre Manjarín e Sito, e as expulsións de Juan e Canedo. O postreiro gol de Manjarín foi a sentencia. C.F. DUMBRÍA 4 - VIVEIRO C.F. 2 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito, Mataso, Matías, Raúl (Pablo Paz 74´), Aarón, Marcote, Iván González, Yuyo, Cespón e Pesco. GOLES: 0-1 1´Julio Camba   0-2 9´Rolle   1-2 27´Yuyo   2-2 37´Aarón   3-2 39´Julito   4-2 83´Pesco Vaia vitoria do Dumbría no Conco, que lle da moita vida na loita pola salvación. Ante un rival directo ó que iguala agora mesmo a puntos, o inicio non puido ser peor. Un gol na primeira xogada e outro ós 10 minutos poñía ós de Nacho en clara desvantaxe. Pero este Dumbría é capaz do mellor e do peor, e en apenas 10 minutos levantou o encontro antes do descanso. No segundo tempo o Viveiro buscou o empate, pero un gol de Pesco a pouco do final levou a tranquilidade ó equipo do Conco.

Comentarios