Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: nova igualada do Xallas e duras derrotas de Sofán e Dumbría

Preferente Norte: nova igualada do Xallas e duras derrotas de Sofán e Dumbría
Vaia xornada na Preferente. Só o Xallas puido igualar, merecendo máis ante o San Tirso. O Dumbría levouse unha enganosa goleada en Ordes, pois xogoulle de ti a ti ó equipo local, pero tras o 1-0 a contra dos verdes castigou en demasía ó Dumbría, que ademais sufriron a lesión do seu lateral Canario. O Sofán tivo a vitoria na man, foi gañando a maior parte do encontro, pero atopouse unha discutible actuación arbitral nos minutos finais e caeu no desconto. ORDENES S.D. 4 - DUMBRÍA C.F. 0 DUMBRÍA - Bouzón, José (Mauro 69´), Canario (Mataso 61´), Iago, Matías, Aarón López, Cespón, Rivi (Edu 75´), Marcote, Yuyo e Mackay. 1-0 56´Aguado   2-0 68´Chiño   3-0 74´Johnny   4-0 88´Fran Marcador engañoso o do Municipal de Ordes. O Dumbría competiu moi ben, pero perdoou ante o marco local e pagouno caro. A contra mortal dos locais fixo o resto. Entrou regular o Dumbría no partido pero para iso ten a un dos mellores gardametas da categoría. Bouzón sacou un man a man a Chiño no 3´, e a Johnny no 17´. Mackay tivo a primeira dos de Lobelos nun bo remate de cabeza que sacou o gardamallas local. O Dumbría sacouse o acoso local de enriba e empezou a dominar o encontro, impoñendo o seu ritmo con Cespón ó mando no centro do campo e Mackay sempre inquedando. Nun bo pase de Iago Marcote marrou a ocasión mais clara cando xa se cantaba o gol. Bouzón fixo un tremendo paradón a disparo de Chiño salvando o primeiro dos locais. Igualada ó descanso. No segundo tempo tivo o Dumbría dúas claras opcións, primeiro Mackay e despois Rivi perdoaron, e unha gran xogada de Chiño doulle o gol a Aguado. A partir de ahí o Ordes controlou o encontro e as contras de Johnny e Chiño foron demasiado para un Dumbría voluntarioso pero que se viu superado cando se puxo en contra o marcador. O peor foi a lesión de Canario, que esperemos se quede nun susto.   XALLAS C.F. 1 - SAN TIRSO 1 XALLAS - Julián, Cristian, Pablo Vigo, Becerra, Alex Canedo, Raúl Añón (Puyi 64´), Doro, Abel (Marquiños 69´), Kevin (Alex Blanco 80´), Julián e Camilo.  1-0 5´Doro   1-1 15´Doro en propia porta A presencia de Doro foi a mellor nova para os de Noé. O capitán foi o que anotou inicialmente tras unha boa xogada por banda. Pero unha xogada desafortunada o propio Doro, protagonista sen dúbida do encontro, anotou en propia porta nun saque de esquina. O Xallas tivo ocasións suficientes para levarse o partido, con un Camilo moi participativo e bullicioso nas súas entradas por banda, pero o marcador non se movería, a pesar de que Abel e o propio Camilo tiveron boas ocasións. O Xallas queda así con 2 puntos no seu casilleiro, antes de visitar o difícil campo de As Pontes.   C.D. CASTRO 3 - S.D. SOFÁN 2 S.D.SOFÁN – Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sito (Eibe 81´), Rubén, Canedo, Jonathan (Seo 73´), Fabián (Matias 84´), Luis, Juan de Dora (Rojo 70´) e Quintela. GOLES: 0-1 19´Juan de Dora 1-1 28´Buide 1-2 30´Fernando en propia meta   2-2 71´Igor  3-2 90´Núñez Non mereceu a derrota a SD hoxe pola mañá en Castro. Foi moi superior no primeiro tempo, e cando o Castro meteu unha marcha mais atopouse cunha axudiña do colexiado, que permitiu a agresividade raiando a violencia dos locais, non sancionou un claro plantillazo dentro da area a Quintela, e perdoou a expulsión a Igor nunha clara agresión sin balón. Para colmo de males o gol da victoria local chega no tempo de desconto. Xogou un gran primeiro tempo a SD. Dende o principio se viu que os de Cancela ían a polo partido. Tras unha clarísima ocasión de Fabián, que golpeou ó aire cando estaba so ante Yebra, chegou o golazo de Juan de Dora. O Castro xogou moi directo neste tempo, e nun corner igualou Buide, pero no seguinte corner púxose a SD por diante con un gol en propia porta. Aínda Juan de Dora e Luis puideron incrementar a vantaxe antes do descanso. O Castro aumentou a intensidade no segundo tempo coa permisividade arbitral. A SD cansouse de recibir patadas, case sempre ignoradas polo colexiado. Un gran pase de Fabián a Luis no 55´e o centro deste a Quintela puideron ser a sentencia, pero o dianteiro rematou alto. Igualou o Castro á saída doutro corner, e tivo que aparecer Javi Rumbo para sacar dúas boas mans a remates de Omar. Eibe lanzou unha falta que sacou Yebra, e cando todo apuntaba a empate polémica incluída, nunha contra o Castro levaríase unha inmerecida victoria ante a desesperación dos sofanistas. Juan de Dora fiel á súa cita co gol

Comentarios