Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: o Sofán levouse o derbi

Preferente Norte: o Sofán levouse o derbi
Acabou coa xeira de 8 partidos sen vencer a SD Sofán en Dumbría, nun clásico derbi, con moita emoción, polémica, e bonitas xogadas. O Xallas pola súa banda reafirma a marcha do equipo dende a chegada de Néstor, e levouse a vitoria dun difícil campo como é Viveiro. VIVEIRO 1 - XALLAS 3 XALLAS:  Coki, Cristian (Raúl Añón 64´), Pablo Vigo, Dani Becerra, Alex Canedo, Abel (Camilo 75´), Kevin, Borja Gándara (Caue 83´), Fernando, Marquiños e Uxío (Oliver 64´) GOLES: 0-1 27´Alex Canedo   1-1 55´Xenxo   1-2 58´Kevin   1-3 75´Abel Gran vitoria do Xallas en Viveiro. Os de Néstor estanse a mostrar moi seguros en defensa e aproveitando as súas opcións en ataque. Adiantáronse con gol de Alex Canedo á media hora. Igualou o Viveiro cun remate de Xenxo nun centro lateral, pero pouco despois Kevin nunha falta volveu adiantar ó Xallas. Foi demasiado en contra para un Viveiro que non está fino e ademais batía cunha gran defensa xalleira. Nunha contra Abel sentenciou o encontro e o Xallas so tivo que ver pasar os minutos para disfrutar da vitoria. O Xallas levouse tres puntos vitais   DUMBRÍA 1 - SD SOFÁN 2 DUMBRÍA C.F.: Iván Bouzón, David Carreira (Brais 69´), Mataso (José 83´), Julito, Iago, Aarón, Mackay, Rivi, Raúl, Cachadiña (Edu 63´) e Yuyo S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén (Sera 55´), Sito, Canedo, Eibe, Luis (Quintela 75´), Alexandre, Juan de Dora (Juanjo 83´) e Raúl GOLES: 1-0 3´Yuyo   1-1 35´Raúl de pti   1-2 59´Jacobo Eibe Todos os ingredientes tivo o derbi: emoción, bo fútbol, ambiente nas gradas e polémica. De inicio, golazo de Yuyo. A saída en tromba clásica do Dumbría doulle vantaxe ó equipo local nun gran disparo do camariñán. O Sofán refíxose e dominou o encontro dende entón. Juan de Dora e Raúl tiveron boas ocasións. Reclamouse penalti a Raúl, pero o colexiado pitou outro moito menos claro a Rubén. Raúl igualou o encontro. Antes do descanso Rumbo despexou un perigoso disparo de Yuyo. Juan de Dora volveu á que foi a súa casa e estivo entre os destacados Na saída dos vestiarios adiantouse o Sofán. Un gran disparo de falta de Eibe entrou pola escadra da meta de Bouzón. O Dumbría volcouse, e cando xoga o seu mellor fútbol é un equipo moi perigoso. Cada balón parado era un pesadelo para o Sofán. Aínda así Alexandre puido sentenciar por partida doble en mans a man ante Bouzón, pero o meta estivo moi fino. Aarón tivo un remate de cabeza clarísimo, e anulouse un gol ó Dumbría por falta previa a un defensa. Un disparo de Iago que rozou o pao e varios córners rozaron o empate para o conxunto local, pero a SD aguantou e levouse tres importantes puntos. O encontro foi disputadísimo https://www.facebook.com/sofandonigo/videos/1783812585253591/  

Comentarios