Preferente Norte: o Xallas e o Dumbría recuperan postos

07:12 04/12/17
Xornada moi positiva para o Xallas, e bo punto para o Dumbría en Arzúa. A nota negativa, o Sofán, que non levanta cabeza da plaga de baixas que o asolan e xa suma 4 derrotas consecutivas.
RIBADEO 4 - SD SOFÁN 0
SD SOFÁN: David Pena, Iván Rey, Sito, Félix, Pablo, Jonathan, Eibe (Matías 61´), Quintela, Alexandre (Sera 55´), Luís (Adrián 64´) (Padín 65´) e Raúl
GOLES: 1-0 14´Santi 2-0 50´Vicente 3-0 54´Chriss 4-0 75´Aitor
O Sofán está a acusar demasiado as baixas
Demasiadas dificultades coas que tivo que loitar a SD en Ribadeo. Cinco titulares de baixa, unha actuación arbitral no primeiro tempo lamentable e as desgracias das lesións unha vez mais. Alexandre e Adrián caeron na batalla e súmanse á interminable lista da enfermería sofanista.
O encontro estivo condicionado polo penalti sinalado polo colexiado ó cuarto de hora. Unhas mans involuntarias de Sito, que o arbitro así apreciou, pero non o línea, que foi o que decidiu a suposta voluntariedade da xogada, ante o asombro e todos. O partido no primeiro tempo foi dominado pola SD, que tivo as mellores ocasións nun disparo de Quintela alto, un córner ó que non chegou Félix na boca de gol e unha falta ó borde da area que Alexandre enviou rozando o pao. Escamoteáronse dúas penas máximas á SD neste acto, un por a6arrón a Raúl e outra falta que o colexiado saca un metro fora da area cando foi claramente dentro.
Xa foi demasiado remar e a lesión de Alexandre, despois dunha entrada salvaxe do central do Ribadeo, e os dous goles en 5 minutos acabaron de afundir a SD. Para colmo de males lesionouse Adrián no xeonllo ó minuto de entrar no campo.
BETANZOS 0 - XALLAS 2
XALLAS: Coke, Cristian, Pablo Vigo, Alex Canedo, Puyi, Gándara, Abel, Kevin (Manu 89´), Camilo (Adrián 81´), Marquiños e Fernando.
GOLES: 0-1 22´Borja Gándara 0-2 36´Camilo
A seriedade defensiva e o aproveitamento de recursos a pesar das baixas dou a vitoria ó Xallas na casa dun rival directo, o Betanzos. O Xallas, ben defensivamente, e montando contras mortais con velocidade nas bandas fíxolle estragos ós locais no primeiro tempo. Abel estivo moi ben de mediapunta, e Kevin, Marquiños e Camilo eran puñais. Os goles de Gándara e Camilo parecían incluso pouco premio para os méritos xalleiros. No segundo tempo acosou mais o Betanzos pero a solidez defensiva do Xallas aguantou do resultado e trouxo tres puntos de ouro a Santa Comba.
O Xallas venceu en Betanzos
ARZUA 1 - DUMBRÍA 1
DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito (Cachadiña 89´), Mataso (Edu 61´), Matías (José46´), Iago (Fabio 73´), Aarón, Mackay, Rivi, Marcote, Raúl e Yuyo.
GOLES: 1-0 68´Diego Enjamio 1-1 89´Mackay de pti
Plantexou un partido intelixente o Dumbría en Arzúa, sabedor do potencial do rival. Ben encerradiños atrás e sacando perigosas contras, os locais sufriron, pero en Preferente un erro págase caro, e isto sucedeu no primeiro tanto. Non se descompuxo o Dumbría, seguiu remando, e nunha internada de Yuyo co tempo case cumplido o de Camariñas forzou o penalti que transformou Mackay na igualada. Aínda tiveron un perigoso córner a favor os de Nacho, no que lograron meter o medo no corpo ós locais. Meritorio empate do Dumbría.

