Preferente Norte: O Xallas sube á zona media da clasificación

07:01 05/02/18
SAN TIRSO S.D. 1 - XALLAS F.C. 4
XALLAS F.C.: Julián Couto, Raúl Añón, Pablo Vigo, Alex Canedo, Dani Becerra, Borja Gándara, Doro (Kevin 75´), Julián López, Alex Blanco (Abel 80´), Uxío (Fernando 72´) e Marcos (Camilo 88´)
GOLES: 1-0 2´Alvaro 1-1 43´Alex Blanco 1-2 61´Julián 1-3 87´Marcos 1-4 89´Kevin
O Xallas é un dos equipos máis en forma da liga.
Gran vitoria do Xallas no Monte de San Tirso. A pesar de que os locais se adiantaron no marcador cun tremendo disparo de Alvaro tras un despexe de Julián, o Xallas sobrepúxose, e igualou nun córner rematado por Alex Blanco. Foi Julián López o que cun disparo dende fora da area adiantou ós visitantes. O San Tirso buscou a igualada e tivo Fran coa cabeza a ocasión de logralo, pero en sendas contras Marcos e Kevin sentenciaron o encontro.
S.D. SOFÁN 1 - C.D. CASTRO 1
S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera (Raúl 58´), Juanjo (Sito 58´), Canedo, Jonathan, Fabián, Luis (Matías 71´), Alexandre e Juan de Dora (Quintela 32´)
GOLES: 0-1 3´Iván González 1-1 61´Canedo
Foi superado nun mal primeiro tempo a SD, para despois imporse ó Castro nunha segunda metade que debeu rematar con vitoria sofanista. O inicio foi falto de concentración por parte local, que nunha perda no medio do campo, un centro lateral permitiu a Iván González conectar un bo testarazo ó fondo das mallas. Puido sentenciar o visitante Álvaro nunha contra pero mandou o balón fora. Lesionouse Juan de Dora e saíu Quintela, que tivo unha boa ocasión nun disparo dende o punto de penalti. De novo o extremo visitante Álvaro tivo un man a man que sacou Rumbo antes do descanso.
A SD tivo ocasións suficientes para levarse o partido
Mudou o panorama tras a saída de vestiarios. A SD arriscou e fíxose co partido. Igualou Canedo nun tremendo disparo dende 35 metros. E tiveron ocasións abonda para levarse o partido: un par de disparos de Alexandre, un remate de cabeza de Canedo e un trallazo tremendo de Jonathan non entraron de milagro. Ó final un remate do visitante Núñez puido ser a derrota, pero todo acabou en xusto empate.
C.F. DUMBRÍA 0 - ÓRDENES S.D. 0
C.F. DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Pablo Paz 89´), Mataso, Julito, Matías, Aarón, Mackay, Iago (Edu 79´), Yuyo (Rivi 79´), Pesco e Iván González (Cespón 66´)
Penalizoulle ó Dumbría a falta de acerto cara a gol, nun partido que foron superiores ó equipo visitante, o Ordenes. No primeiro tempo os de Nacho fixeron un bo partido, pero marraron tres clarísimas opcións de gol. O Órdenes apenas puxo en apretos a Iván Bouzón en todo o encontro, pero os do Conco non foron quen de atopar ese gol que lles dera unha vitoria moi necesaria.

