Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: Os puntos son difíciles de conseguir

Preferente Norte: Os puntos son difíciles de conseguir
Sacaron bos puntos a domicilio o Sofán e o Xallas, en difíciles campos como os do Dubra e Estudiantil. Foi o Dumbría o que dou a nota negativa da xornada, ó caer con contundencia en Betanzos. Os de Dumbría levan catro derrotas seguidas que os acercan á zona perigosa da clasificación. S.D. DUBRA 1 - S.D. SOFÁN 1 S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén (Sito 66´), Sera, Canedo, Jacobo Eibe (Matías 73´), Fabián, Juan de Dora (Juanjo 89´), Alexandre e Raúl (Quintela 27´) GOLES: 1-0 5´Gonzalo  1-1 40´Alexandre Moita xente de Sofán se desplazou a Bembibre para ver ó seu equipo Moi bo partido da SD en Bembibre, que non se traduciu en vitoria polos minutos iniciais de despiste. O Dubra saíu mandón, creou un par de ocasións nos primeiros minutos e adiantouse á saída dun córner no 5´. A SD tomou o mando do partido con personalidade e fíxose co balón de maneira clara, aínda que o plantexamento de cinco defensas dos de Baleato impedía ocasións claras de gol. Retirouse Raúl á media hora tras un choque nun córner. A saída de Quintela doulle dinamismo ó ataque, e nun tremendo disparo dende lonxe igualou Alexandre. O segundo tempo seguiu pola mesma liña, cunha SD cercando a meta de Coutiño, que tivo dificultades para deter un centro envenenado, que batiu no pao e se paseou pola liña de gol. Un bo disparo de Juan de Dora tivoo que deter o meta local. O último cuarto de hora foi do Dubra. Iván Facal estrelou un lanzamento no pao, e Mariño lanzou unha falta con perigo que detivo Rumbo. Igualada final nun encontro de alto nivel. Quintela saíu por Raúl e fixo un bo partido AGR. ESTUDIANTIL 1 - XALLAS C.F. 1 XALLAS: Coke, Cristian, Pablo Vigo, Dani Becerra (Borja Gándara 65´), Raúl Añón, Alex Canedo, Fernando, Marquiños (Uxío 69´), Kevin (Camilo 81´), Alex Blanco e Julián. GOLES: 1-0 15´Brais Calvo  1-1 75´Uxío Esta vez non marcou pero Julián é importante no xogo do Xallas Un Xallas moi serio logrou a igualada ante o Estudiantil en Callobre. Despois dun primeiro tempo de dominio local, onde se adiantaron por medio de Brais Calvo, o Xallas mellorou no segundo cos cambios. A presencia de Borja Gándara no centro do campo, e sobre todo o pase de Álex Canedo ó centro da defensa, onde da máis consistencia ó equipo, foron chave. O dianteiro santiagues Uxío, que acababa de sair ó campo, anotou o tanto do empate a pouco do final. BETANZOS 6 - DUMBRÍA 0 DUMBRÍA: Ismael, Julito, Raúl (Mataso 75´), Iago, Matías (Cespón 57´), Aarón López, Mackay, Rivi, Marcote (Edu 65´), Mauro (David Carreira 57´) e Yuyo (Fabio 76´) GOLES: 1-0 19´Martín   2-0 24´Mon   3-0 34´Jesús Sayes   4-0 54´Jesús Sayes   5-0 64´Jesús Sayes   6-0 76´Nico Un Dumbría descoñecido levou un duro correctivo na súa visita a Betanzos, ó caer goleado por 6 tantos a 0. A afortunada tarde do goleador Jesús Sayes, unido ó mal día dos de Diego Lobelos, produxo este resultado para olvidar. Despois dunha boa ocasión de Mackay, en dous rexeites adiantase o Betanzos. A expulsión de Rivi no 31´e o terceiro gol dos locais deixou o partido moi costa arriba.

Comentarios