Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: Os tres equipos empataron

Preferente Norte: Os tres equipos empataron
C.F. DUMBRÍA 0 - XALLAS F.C. 0 C.F. DUMBRÍA - Iván Bouzón, David Carreira (Pablo Paz 85´), Mataso, Julito, Matías, Aarón, Mackay, Edu (Cespón 54´), Yuyo (Rivi 72´), Iago e Pesco XALLAS F.C. - Julián, Pablo Vigo, Raúl Añón (Cristian 82´), Dani Becerra, Alex Canedo, Doro (Borja Gándara 75´), Julián López (Abel 82´), Kevin, Alex Blanco (Camilo 65´), Oliver e Marcos Típico derbi no Conco, entre dous equipos que se coñecen ben e o respeto imperou sobre o risco. O xogo directo e o aproveitamento dos segundos balóns foi a tónica habitual. A igualdade presidiu un primeiro tempo cunha ocasión para cada bando. O Xallas saíu ben na segunda parte e tivo 2 boas ocasións e un gol anulado a Doro por fora de xogo. O Dumbría nos últimos 20 minutos veuse arriba, e unha boa falta de Pesco e outro pase do mesmo xogador a Rivi que o meta Julián ten que sacar foron as opcións de vitoria dos locais, que co empate non saen dos postos baixos. Igualdade no derbi da Preferente Norte S.D.SOFÁN 1 - AS PONTES 1 SD SOFAN – David Pena, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Rubén (Sito 75´), Canedo, Jonhathan (Eibe 77´), Alexandre (Juanjo 80´), Quintela (Luis 75´), Fabián e Juan de Dora GOLES: 0-1 41´Adrián Iglesias 1-1 62´Alexandre Partidazo da Sd nas Eiroas ante un dos gallitos, o As Pontes, que a pesar de adiantarse no marcador non puido co empuxe local no segundo tempo. A Sd saíu presionando moi arriba, o que sorprendeu ós visitantes, que non tiñan claridade para sacar o balón xogado. Un centro de Alexandre rematouno frouxo Juan de Dora. Respostou o lateral Rober cun disparo moi lonxano que repeliu o longueiro. Anulóuselle un tanto ó conxunto visitante por fora de xogo. Tivo Félix unha boa opción a balón parado e acto seguido nun balón longo adiantouse o As Pontes. No segundo tempo saíu moi forte a Sd, e tivo dúas opcións clarísimas: Jonathan rematou de cabeza a porta baleira fora, e pouco despois Fabián rematou só moi cruzado. Pero intuíase o gol, e foi Alexandre nun balón parado o que empatou. As Pontes buscou a vitoria pero as mellores ocasións foron da Sd. Félix rematou de cabeza e sacou un defensa baixo paos, e un remate de Fabián só foise fora. Xusta igualada nun bonito partido.

Comentarios