Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: pleno de necesidades

Preferente Norte: pleno de necesidades
S.D.SOFÁN 1 - LUGO B 0 S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey (Sito 69´), Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Jonathan, Eibe, Alexandre (Matías 88´), Luis (Adrián 89´), Juan de Dora (Quintela 78´) e Raúl GOL: 1-0 68´ Luis de pti Expulsado Cacharrón no 64´ A Sd é capaz de calquera cousa, tanto de perder co colista como de ganarlle ó líder. Plantexou un gran partido ante o Lugo B, cerrándolle camiños á portería de Rumbo, e contraatacando con eficacia. O Lugo tivo o control do balón, pero so un disparo lonxano de Cuadrado e un remate de Escriche que Rumbro desviou a córner foron as súas opcións. Raúl tivo un remate que se foi fora por pouco, e un disparo de Juan de Dora sacouno Cacharrón. A Sd controlou o xogo, e no segundo tempo o Lugo dou mostras de desesperación, sen poder xerar perigo. E nun despiste do gardameta visitante Juan de Dora andivo listo e forzou o penalti co que Luis marcou o único tanto do encontro. Ata o final defendeu moi ben a Sd. A nota negativa foi que un balonazo inoportuno mandou a Jacobo Eibe ó hospital, por precaución ante o golpe na cabeza. C.F. DUMBRÍA 1 - S.D. RESIDENCIA 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira, Mataso (Matías 74´), Julito, Fabio (Iago 53´), Aarón, Mackay, Capelo (Marcote 17´), Yuyo (Iván González 78´), Cespón e Pesco GOL: 1-0 57´Marcote O Dumbría mantén a esperanza tras esta gran vitoria O Dumbría enganchouse ó tren da permanencia cunha vitoria balsámica ante un rival directo, o Residencia, do que queda agora o cadro de Nacho a 4 puntos, que é a distancia que os separa dos descensos por arrastres. O gol do Dumbría foi anotado por Marcote, logo de que o dianteiro saíra ó campo sustituíndo a Capelo. XALLAS F.C. 2 - BOIMORTO C.F. 1 XALLAS: Julián Couto, Pablo Vigo, Raúl Añón, Puyi, Alex Canedo, Abel (Dani Becerra 89´), Julián López, Kevin (Camilo 70´), Oliver, Marcos e Uxío (Alex Blanco 65´) GOLES: 0-1 18´Luisito  1-1 25´Pablo Vigo  2-1 38´Corral en pp Expulsados Alex Canedo 87´ e Oliver 90´ O Xallas está practicamente salvado Sufriu o Xallas pero levouse tres puntos que aseguran a permanencia. O Boimorto xogábase máis e saíu máis metido no encontro. Unha falta lanzada por Luisito adiantou ó Boimorto. Foi Pablo Vigo, tamén de falta, o que igualou o encontro pouco despois. Unha boa xogada de Julián por banda tenta despexala Corral e introducea na súa porta, significando o gol definitivo. O Boimorto atacou con máis corazón que cabeza no segundo tempo, pero a solvencia defensiva local foi suficiente. As expulsións de Alex Canedo e Oliver deron emoción ó final do partido pero sin máis consecuencias.

Comentarios