Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: que gran xornada, todo triunfos

Preferente Norte: que gran xornada, todo triunfos
C.D. CASTRO 0 - XALLAS F.C. 1 XALLAS: Julián, Puyi (Camilo 70´), Raúl Añón, Pablo Vigo, Dani Becerra, Fernando (Abel 43´), Oliver, Marcos, Julián López, Doro (Alex Canedo 82´) e Alex Blanco (Uxío 69´). GOL: 0-1 73´Julián López Segue o Xallas nun momento doce e levouse os puntos dun campo moi complicado. Foi gracias ás armas que está a ter o equipo de Néstor, seriedade atrás e contundencia arriba. O encontro foi de centrocampismo no inicio. Tivo Dumi a primeira ocasión nun córner para o equipo local, pero Julián respondeu cun paradón. O gardameta xalleiro repeleu no segundo tempo disparos de Iván González e Marino antes do gol visitante. Un golazo de Julían López, que tras driblar a varios adversarios bateu a Yebra na súa saída. O Castro buscou o empate pero tivo Uxío a mellor ocasión para os xalleiros a centro de Camilo. C.F. BOIMORTO 0 - S.D. SOFÁN 5 S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey, Pablo (Sera 72´), Rubén, Sito, Canedo, Jonathan (Eibe 79´), Juan de Dora (Matías 75´), Alexandre, Quintela (Fabián 64´) e Raúl. GOLES: 0-1 11´Quintela 0-2 20´Joseba en pp 0-3 67´Fabián 0-4 69´Iván Rey 0-5 83´Raúl A Sd foi moi contundente en Boimorto Foi moi solvente a Sd nun dos campos máis difíciles da categoría, cun ambiente hostil que foi baixando a medida que ían caendo os goles. A Sd entrou ben no partido, pois un disparo cruzado de Juan de Dora remachouno Quintela no segundo pao. Pouco despois un córner foi introducido na súa porta polo central local Joseba. 0-2 e 20 minutos xogados. A Sd dedicouse a defender ata o descanso ante un conxunto local que non era quen de combinar nun terreo de xogo moi irregular. Aínda así Rumbo tivo que intervir ante un disparo de Neto e nun córner cerrado que se envenenou. O control seguiu no segundo tempo, cunha Sd moi seria en defensa, e cos cambios chegou a sentencia. Fabián anotaba o 3º e Iván Rey de fermoso disparo o 4º. O encontro morreou e Raúl anotou un golazo para cerrar a goleada nun partido plácido para a Sd. S.D. OUTEIRO 0 - C.F DUMBRÍA 1 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito, Mataso (Pablo Paz 58´), Matías, Iago, Aarón, Mackay, Iván González (Fabio 72´), Yuyo (Capelo 51´), Cespón (Martín 80´) e Pesco. GOL: 0-1 64´Mackay O Dumbría volveu a ganar tempo despois da última vitoria Boas novas para o Dumbría en Outeiro de Rei. Trouxo os puntos e debutou Capelo, xa recuperado da lesións, para formar así unha liña de ataque temible. E foi o de case sempre, Adrián Mackay, o que resolveu mediado o segundo tempo un encontro moi trabado. O Dumbría así acércase ós postos de salvación que agora mesmo marca o Betanzos con 31 puntos, 6 máis cos de Nacho.

Comentarios