Preferente Norte: teremos batalla ata o final

08:24 08/01/18
XALLAS F.C. 0 - RIBADEO F.C. 3
XALLAS: Julián, Raúl Añón, Pablo Vigo, Dani Becerra, Puyi, Abel (Doro 59´), Kevin (Caue 86´), Fernando, Oliver ( Julián López 55´), Marcos (Alex Blanco 74´) e Uxío (Camilo 57´)
GOLES: 0-1 43´Chriss 0-2 50´Luki 0-3 86´Iván
Levouse os puntos de Santa Comba o Ribadeo, moi acertado cara a gol, en tarde moi desapacible para a práctica do fútbol, no que foi a primeira derrota do Xallas dende a chegada de Néstor ó banquillo xalleiro. O primeiro tempo foi moi cerrado, sen apenas opcións de gol, con dous equipo que nadaban e gardaban a roupa, pero a pouco do descanso unha volea do dianteiro Chriss doulle vantaxe ós visitantes no marcador. A volta dos vestiarios foi Luki o que nun difícil remate puxo moi costa arriba o partido para o Xallas. Néstor moveu o banco, e a saída de Doro e Julián revitalizou ós locais. Foi anulado un tanto a Doro ós 60 minutos por fora de xogo, e nunha contra Iván, con calidade elevando ante a saída de Julián Couto acabou coas esperanzas de puntuar do Xallas.
O Xallas tivo unha mala tarde en Fontenla
S.D. SOFÁN 3 - AT.ESCAIRÓN 1
S.D.SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Sito (Rubén 85´), Félix, Pablo Domínguez, Canedo, Jacobo Eibe (Jonathan 64´), Luis (Quintela 67´), Fabián, Juan de Dora e Raúl (Juanjo 83´)
GOLES: 0-1 28´Caio 1-1 38´Juan de Dora 2-1 62´Félix 3-1 67´Quintela
Once da SD Sofán que derrotou ó Escairón
Importante vitoria da SD nunha desapacible tarde nas Eiroas. O Escairón foi un duro rival, que se adiantou no marcador, pero a SD tivo paciencia e levouse os puntos con xustiza.Tivo Raúl a primeira ocasión nun centro de Juan de Dora que o 9 rematou frouxo. Pero empezou a sufrir a balón parado a SD nun centro cerrado de Quiroguita, preludio do gol de Caio á saida dunha falta lateral. Por sorte igualou a SD pronto nun remate de Juan de Dora no segundo pao. Os mellores minutos da SD foron no inicio do segundo tempo, e o gol de Félix á saída dun córner foi un bálsamo para os de Cancela. Luis e Eibe tiveron bos disparos lonxanos, pero a ocasión máis clara foi visitante, nun man a man que Rumbo resolveu ante Félix. O 3º de Quintela foi a sentencia, e aínda Jonathan puido aumentar a conta nun par de contragolpes.
Jacobo Eibe estivo moi perigoso como sempre cos seus disparos lonxanos
SAN TIRSO S.D. 1 - C.F. DUMBRÍA 2
DUMBRÍA: Bouzón, Pablo Paz, Raúl, Julito, David Carreira, Iago, Mackay, Mataso (Rivi 67´), Yuyo (Fabio 89´), Cespón e Edu (José 80´)
GOLES: 0-1 22´Yuyo 0-2 88´Rivi 1-2 89´Guille
O Dumbría enganchouse de novo á zona de salvación cunha providencial vitoria ante un rival directo no campo do Monte. Os de Nacho Barreiro dominaron o primeiro tempo, no que se adiantaron por medio do camariñán Yuyo. Con 0-1 chegouse ó descanso. O San Tirso recompuxo liñas e apretou no segundo acto, pero os de Dumbría, sabedores da importancia dos puntos, aguantaron o envite local, e nunha boa xogada combinativa anotaron a sentencia por medio de Rivi, que facía pouco saíra ó campo. O gol do ex do Santa Comba Guille apenas meteu o susto no corpo dos visitantes, que se levaron tres importantísimos puntos de San Tirso.
Gran vitoria do Dumbría, que o engancha cerca da zona de salvación



