Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: unha xornada sen avances dos costeiros

Preferente Norte: unha xornada sen avances dos costeiros
S.D. SOFÁN 1 - OUTEIRO DE REI 2 S.D. SOFÁN: David Pena, Iván Rey, Pablo, Rubén , Sera, Canedo (Jonathan 73´), Eibe, Alexandre (Quintela 67´), Juan de Dora (Luis 67´), Fabián e Raúl GOLES: 1-0 44´Raúl 1-1 83´Redondo 1-2 89´David Pereiro O Sofán desperdiciou unha boa oportunidade de sumar No primeiro tempo a Sd, buscando a velocidade en ataque, mandou un balón ó pao por medio de Pablo Domínguez, tivo Raúl unha boa opción nun remate a centro de Alexandre, e a Juan de Dora fóiselle o control cando estaba diante do porteiro visitante. Na última xogada do primeiro tempo unha falta botada por Eibe mandouna Raúl ó fondo das mallas. O segundo tempo foi soporífero. O Outeiro tivo o balón, ante unha Sd inoperante, que aínda así tivo claras opcións, as máis evidentes un man a man de Quintela e un remate de Alexandre dende o punto de penalti que sacou o porteiro cun paradón. E chegou o desenlace. Unha falta ó borde da area serviu para que o Outeiro igualara, e dous minutos despois unha incomprensible perda de balón no medio do campo dou lugar a unha contra que os lucenses non desaproveitaron. C.F. DUMBRÍA 1 - AGR. ESTUDIANTIL 1 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Mataso 82´), Julito, Matías, Iago, Aarón, Mackay (Marcote 70´), Iván González (Rivi 74´), Yuyo (Capelo 51´), Cespón e Pesco GOLES: 0-1 80´Brais Calvo   1-1 85´Marcote Non foi quen o Dumbría de sacar o partido adiante co Estudiantil. Incluso puido ser peor, pois a escasos 10 minutos do final adiantouse o conxunto visitante cun gol de Brais Calvo. Foi Marcote, que pouco antes saíra por Adrián Mackay, o que igualou a contienda. Incluso co tempo case cumplido os de Dumbría puideron ganar o encontro nunha contra moi ben levada, pero a igualada quedou no marcador. De todas maneiras ó Dumbría pouco lle axuda agora mesmo sumar de un en un punto, pois está necesitado de vitorias. XALLAS F.C. 2 - ORDENES S.D. 2 XALLAS: Julián Couto, Pablo Vigo, Raúl Añón, Dani Becerra, Alex Canedo, Abel, Julián López, Kevin (Camilo 78´), Alex Blanco (Uxío 65´), Oliver e Marcos GOLES: 1-0 21´Alex Blanco   1-1 67´Aguado   1-2 71´David Suárez  2-2 76´Uxío O Xallas empatou contra o final O Xallas igualou co Ordenes a dous tantos en Fontenla en tarde fría e de auga. Adiantouse o equipo local por medio de Alex Blanco á saída dun córner. Coa vantaxe do Xallas chegouse ó descanso. O segundo tempo transcurría sen ocasións ata que un disparo dende lonxe de Aguado sorprendeu a Julián e doulle o empate ó Ordenes. Os visitantes despertaron con este gol e ós cinco minutos David Suárez aproveitou un barullo dentro da area para marcar o segundo tanto. Tardou pouco o Xallas en igualar, nunha boa xogada de Uxio que tras driblar ó porteiro visitante anotou o empate definitivo, que sirve ó Xallas para seguir por diante do Ordenes.

Comentarios