Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: Xallas e Sofán cumplen

Preferente Norte: Xallas e Sofán cumplen
S.D. OUTEIRO DE REI 1 - XALLAS F.C. 1 XALLAS: Julián, Puyi, Pablo Vigo, Raúl Añón, Dani Becerra, Borja Gándara, Camilo (Kevin 75´), Julián López, Alex Blanco, Marcos e Uxío (Abel 68´) GOLES: 0-1 18´Raúl Añón   1-1 50´Muñiz Sacou un punto o Xallas do terreo do colista Outeiro de Rei, que está a competir moi ben a pesar da súa posición clasificatoria. O campo estaba en moi mal estado e influíu negativamente no xogo. Unha falta lanzada maxistralmente por Raúl Añón significou o primeiro tanto do partido. Así se chegou ó descanso. Á saída dun córner Muñiz igualou o encontro. O Xallas buscou a vitoria nos últimos minutos pero o acerto do gardameta local non deixou que o marcador se movera.  S.C.D. RESIDENCIA 1 - S.D. SOFÁN 2 S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Sera 62´), Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Canedo, Fabián (Matías 77´), Juan de Dora ( Quintela 58´), Luis, Alexandre (Jonathan 69´) e Raúl GOLES: 1-0 36´Dani Galán de pti 1-1 43´Félix 1-2 49´Alex Vázquez en pp Sacou tres puntos de ouro a SD na súa visita ó campo da Cheda lucense. O encontro foi feo, sen apenas ocasións de gol, pero de tensión, pois os equipos sabían o que se xogaban. O aspecto táctico dominou a primeira media hora, e nun erro visitante Félix cometeu penalti que anotou o capitán Dani Galán. A Sd buscou o empate e nun balón parado o propio Félix de cabeza facía a igualada. Nada máis saír de vestiarios unha falta botada maxistralmente por Luis introduciuna na súa meta o lateral dereito local Alex. O Residencia volcouse ata o final do partido, pero a mellor ocasión tiñaa Quintela cun remate na area pequena a pase de Raúl. A defensa sofanista estivo moi segura e non pasou excesivos apuros ata o final. S.D.DUBRA 2 - C.F. DUMBRÍA 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito (José 84´), David Carreira, Matías, Iago (Fabio 81´), Aarón, Mackay, Iván González, Yuyo, Cespón e Marcote (Martín 72´) GOLES: 1-0 65´Iván Facal   2-0 80´Gonzalo Dous erros de concentración penalizaron ó equipo de Nacho, quizais en demasía, ante un dos equipos máis veteranos da categoría, que nun partido igualado, aproveitaron a mínima oportunidade que dou o Dumbría en defensa para en dous rexeites anotar por medio de Iván Facal e Gonzalo e levarse o partido.

Comentarios