Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría fai saltar a banca.

Preferente: O Dumbría fai saltar a banca.
DUMBRÍA 2 - AS PONTES 1 11 do Dumbria na Preferente 11 do Dumbria na Preferente DUMBRIA C.F. - Iván Bouzón, José, Canario (Edu 81´), Iago, Matias, Aarón López, Mackay (Julito 78´), Rivi, MArcote, Cespón (Mauro 89´) e Yuyo. GOLES: 0-1 16´Eloy 1-1 25´Marcote 2-1 72´Yuyo Falábamolo co mister dumbriés na previa, e vaia se Diego e os seus xogadores sabían como derrotar ó favorito As Pontes. Con moita entrega e sacrificio, e unha pizca de acerco de cara ó marco, o Dumbría fixo a primeira machada da tempada no Conco. De inicio o ex camariñán Yuyo, mostrando as súas credenciais en Preferente, marrou un claro man a man. Foi unha ocasión aislada nos primeiros minutos de dominio visitante, ata que este se transformou en ventaxa tras o gol de Eloy de preciosa volea. Desperezouse o Dumbría, e lonxe de virse abaixo comenzou a acercarse á meta de Paco, ata que no 25´igualou Marcote tras unha gran xogada. O xove dianteiro procurouse unha venganza en plato frío ante os seus ex. Ata o descanso, igualdade, con gol anulado ó As Pontes por claro fora de xogo e ocasión de Mackay, das que non soe perdoar o pichichi costeiro. As Pontes mostrou o seu nivel no segundo acto, levando o peso do encontro e creando ata tres boas ocasións, pero apareceu a figura de Iván Bouzón, tantas veces heroe o ano pasado e que parece que vai polo mesmo camiño neste, e no 72´nova xogada de Marcote que asiste a Yuyo para levar o delirio á grada do Conco. Ata o final, defensa numantina e contragolpe, receta clásica co marcador a favor, e a pesar da expulsión de Aaron nos intres finais, os puntos quedaron en Dumbría.   S.D.SOFÁN 1 - SAN TIRSO 0
S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sito, Pablo Domínguez (Matias 68´), Rubén, Félix, Jonnathan (Seo 81´), Fabián (Eibe 86), Iván Rey, Luis (Rojo 77´), Quintela e Juan de Dora. GOL: 1-0 66´Balón parado lateral que colga Luis, producese un rexeite e a pelota caelle a Juan de Dora no punto de penalti, controla e remata con violencia ó fondo da rede. A SD tivo que poñerse o mono de traballo Sufriu moitísimo a SD para sacar adiante o primeiro encontro ligueiro nas Eiroas, ante un debutante SAn Tirso que dou moi boa medida das súas posibilidades, rondou o gol en varias ocasións pero non foi quen de marcar, e si que o foi o goleador de Louro Juan de Dora, que na única que tivo en todo o partido escartou o balón na rede. Mais de 200 sofanistas nas Eiroas, que disfrutaron da victoria e da tormenta de raios e tronos que inundaba o ceo carballés. Non se atopou cómodo a SD en ningún momento no primeiro tempo. Ainda asi, un centro de Luis non o rematou Juan de Dora na boca de gol por pouco. Respostou no 16´Iago Miño nun remate cruzado ante Rumbo. O San Tirso controlaba o partido, buscando as contras de Iago e sobre todo Alvaro, un puñal por banda dereita. Ainda así a Sd tivo as súas opcións nun remate de Ruben nunha estratexia, e nun disparo de Quintela que atallou David. O segundo tempo empezou con mais do mesmo. Iago rematou fora en clara posición, e Rumbo fixo unha gran parada a remate de Fran. Pero cando peor pintaba para a SD, chegou o gol da victoria. A partir de ahí, repliegue e contragolpe, armas moi apreciadas polos sofanistas, que se atoparon mais cómodos. Ainda así, a mellor ocasión foi dos visitantes, nun remate de Álvaro co tempo cumprido ó pao.
  ARZUA 4 - XALLAS 2 XALLAS C.F. - Julián, Cristian, Pablo Vigo, Puyi, Alex Canedo, Borja Gándara, Kevin (Raul Añón 74´), Fernando Amable (Uxío 74´), Alex Blanco (Dani Becerra 46´), Julián e Marquiños. GOLES: 1-0 14´Iván 2-0 24´Borja 3-0 29´Iván 3-1 64´Julián 4-1 82´Damián 4-2 89´Raul Añón Non empezou con bo pe o equipo de Noe a súa andaina en Preferente. Nun campo dos mais difíciles da categoría pagou caro unha boa tarde do dianteiro Ivan, un auténtico pesadelo para a defensa do Xallas. A pesar de levar o dominio do balón dende o inicio, o Xallas atopouse un equipo ben replegado e cunha idea clara na saida á contra: buscar a Iván, que moi fino el, á media hora xa creara varias situacións de perigo e anotara dous goles. O ex do Negreira será unha das figuras da Liga, sen dúbida. Con 3-0 á media hora e fora da casa, o panorama antoxábase moi complicado para un Xallas, que a pesar diso, non baixou os brazos, foi quen de acurtar diferencias por medio de Julián, pero o 4-1 deixou finiquitado o encontro, e mais coa expulsión de Cristian no minuto 87´.  

Comentarios