Sábado. 04.12.2021
El tiempo

Preferente: O Santa Comba resurxe a base de derbis

Preferente: O Santa Comba resurxe a base de derbis

Dous derbis consecutivos que lle sentaron fantasticamente ao Santa Comba, que tras un comezo de ano terrible, parece que lle volve coller o pulso á competición. Os de Gelucho superaron ao Dumbría malia acabar pedindo a hora, e cunha lixeira axuda do colexiado, segundo denunciaron os dumbrieses. Quedan agora os laranxas 6º, a tan só 2 puntos do Grixoa (os veciños do Xallas fixeron un favor e arrincaron un empate en Grixoa) e a 4 do Laracha.

Pola súa banda, o Soneira disputaba unha finalísima ante o Ribadeo, pero desperdiciou a ocasión de superalo cun encontro de demasiado respecto.

Asemblea de clubes

A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria desta Asociación para ou vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria as 20:30 horas e en segunda as 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.

Santa Comba - Dumbría (2-1)

  • SANTA COMBA: Diego, Gelo, Oscar (Agustín, min.46), Angelo, Gonzalo, Jota, Doro (Mon, min.75), Orlando, Noli (José Ángel, min.79), Julián, Pablo Baña (Colón, min.65).
  • DUMBRÍA: Juan, Tantán, Suso (Pereira, min.75), Aarón Fdez, Piri (Toja, min,.75), Aarón López, Adrián Mackaay, Schuster, Iago (Miguel Poyo, min.70), Eloy (Cacho, min.57), Luisito (Toni, min.57).
  • Goles: 1-0, min.42: Noli de cabeza a centro de Doro tras petar no longueiro e botar e saír para fóra; 2-0, min.52: Noli a pase de Pablo Baña; 2-1, min.72: Adrián Mackaay.
  • Expulsión: o dumbriés Schuster (min.60) e o xalleiro Orlando (min.86) por doble cartón.

Disputado o choque en Fontenla entre un Santa Comba que lle están sentando ben os derbis (e os expulsados, pois parece que os de Gelucos só gañan cando suman algunha expulsión...) e un Dumbría que o intentou ata o final pero non chegou ao empate. E iso que o cadro laranxa acabou pedindo a hora ante un Dumbría peleón que ademais protestou a actuación arbitral. Os dumbrieses consideran que o primeiro gol de Noli non traspasou a liña do gol tras petar no longueiro, e pediron un penalti sobre Aarón López co 2-1.

Foi un choque disputado, co Santa Comba controlando o balón pero sen demasiado perigo. O Dumbría tamén tería algunha opción, sobre todo nos últimos minutos. A máis clara, unha de Toni xa no min.90, cunha doble ocasión clarísima que mandou arriba.

Soneira - Ribadeo (0-0)

  • SONEIRA: Durán, Pablo, Mayor (Brais, min.57), Ferreiro, Martín, Santi, Míchel, Kike, Javi (Pichi, min.77), Vía e Iago.
  • Expulsión: Un xogador visitante (min.49).

Perdeu o Soneira unha ocasión moi boa de desempatar co Ribadeo a puntos e poñer máis equipos por debaixo del, pois o efecto cascada obriga a escalar canto máis mellor para non se ver arrastrado a última hora, o bo é que o golaverage co Ribadeo teno ganado tras gañar en Lugo na primeira volta.

A primeira metade foi bastante mala de parte a parte, os visitantes non fixeron nada por atacar mentres que o Soneira lle faltou algo de claridade no seu xogo para desfacerse das fortes marcaxes dos da Mariña. Non houbo ocasións claras de gol.

Na segunda metade, nada máis comezar, nunha boa loita de Iago coa defensa, foise deste e ao central non lle quedou máis remedio que agarralo, viu o cartón vermello directo e no saque da falta Vía lanzou un zambombazo a rentes do pau. Non sei foi pola expulsión ou polo cambio de actitude, os locais fixéronse donos e señores do encontro, comezaron e desconxestionar por bandas, os habituais carrileiros, Michel e Kike, ocuparon posición no medio campo e Vía caeuse a dereita e Brais a esquerda. Tiveron moi boas ocasións de gol para marcar os pupilos de Miguel, pero o balón non quixo entrar e ao final o punto é bastante agridoce. Para a semana teñen os brancos un saída na que non deben fallar contra o penúltimo, o Xove Lago, antes do derbi contra o Xallas no Municipal de Vimianzo.

Grixoa - Xallas (2-2)

  • XALLAS: Cheli, Isma, Rubio, Becerra, Álvaro, Brais, Pío, Iván, Adrián Beiroa, Luis, Alexandre (Elvis, min.75).
  • Goles: 1-0; 2-0; (descanso) ; 2-1, min.84: Rubio; 2-2, min.92: Adrián Beiroa.
  • Lesión: Alexandre tivo que ir ao Hospital cun xeonllo tocado tras unha dura.

Empate que sabe a vitoria para un Xallas que foi perdendo todo o partido 2-0 e remontou nos últimos instantes. Non perderon a fe os de Iván Cancela que mereceron este punto.

Durante a primeira metade o Grixoa levou o control o partido pero sen demasiado perigo. Iso si, os santiagueses fixeron dano a balón parado, e mesmo asinaron os dous goles con xogadas de estratexia, como viña avisando durante toda a semana o propio Iván Cancela.

Na segunda metade relaxouse o cadro local, e os xalleiros volcáronse arriba crendo no empate. E chegou o premio con dous tantos nos últimos 5 minutos. "Este xogadores teñen moito mérito, pois chegamos con 12 xogadores e ata un xogador que chegaba esta semana do Alcaián, Pío, que xogou todo o partido. E aínda sufrimos unha nova lesión, pois Alexandre sufriu unha entrada terrorífica que o mandou ao Hospital cunha lesión de xeonllo", quixo destacar o míster.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios