Martes. 10.09.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas aférrase á categoría

Preferente: O Xallas aférrase á categoría
Rober Pladur co Xallas Rober Pladur clave de novo co Xallas Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport A día de hoxe e tendo en conta os arrastres, queda o Xallas despois da importante vitoria, a 4 puntos da salvación, aínda con 4 xornadas por diante. Non acusou o cadro xalleiro a Cea da Gala dos 50 anos de historia do club celebrada o sábado, coa presencia do Presidente da Federación.  

Milagrosa - Xallas (0-1)

  • Xallas: Julián, Cristian, Oscarín, Hugo, Barreiro, Fernando, Doro, Jesús, Róber Pladur (Fuentes, m.85), Anxo (Camilo, m.68) e Kevin (Anxo Veiga, m.79).
  • Gol: 0-1, m.83: Róber Pladur tras boa xogada de Doro e Jesús.
Róber de novo Un gol de Róber Pladur a menos de 10 minutos para o final deixa ao Xallas un pouco máis preto da salvación. Foi unha traballadísima vitoria a acadada este domingo polos xalleiro. Os dous equipos saíron a gañar, iso si, sen complicacións atrás, buscando balóns longos e pelexando as segundas xogadas./p> O Xallas adaptouse moi ben as reducidas dimesións do campo e as defensas estaban máis seguras que os ataques, sen permitir había ocasións de perigo. Anxo facía lucirse ao meta local ao cuarto de hora tras un rexeite dun tiro de Doro e o Milagrosa mandaba á media hora unha falta ao longueiro, sendo as dúas xogadas máis destacadas do primeiro tempo. A segunda mitade continuaba de xeito similar aínda que o Xallas intentaba algunha combinación rápida nas cercanías do área local. Kevin avisaba cun remate de cabeza ao poste un bo centro de Anxo, e a 10 do final, Róber Pladur remataba fóra un bo centro de Camilo xa estando o porteiro superado. Só 2 minutos despois unha boa xogada de Doro e Jesús acaba en gol de Róber Pladur, que contou cun pouco de fortuna, para deixan ao equipo con opcións de manter a categoría. MIlagrosa _ Xallas Imaxe do Milagrosa _ Xallas  

Dumbría - Laracha (2-5)

  • Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl (Javi, m.67), David C. (Pablo Paz, m.46), Pablo, Aarón, Manu Nogueira (Mauro, m.58), Iago, Charli, Diego Cespón (Kanario, m.46) e Juan de Dora.
  • Goles: 1-0, m.9: Charly cabeza saque de esquina; 1-1, m.33: Bouza na área pequena tras saque de falta; 1-2, m.40: Taibo remata só na área; 1-3, m.57: Alexandre desde lonxe; 1-4, m.57: Souto dende lonxe; 2-4, m.62: Juan de Dora en xogada individual; 2-5, m.93: Taibo en carreira.
Longa e dura caída Segue o Dumbría sufrindo, despois da estocada ao seu veciño xalleiro, este final de tempada. Dando minutos aos máis novos o equipo de Julián Ferreiro, como o bo de Juan de Dora, que marcou e tivo unha gran ocasión para recurtar. Javi, tamén xa co 1-4 no marcador, tivo outra boa ocasión.  

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios