Preferente: O XSC volve amenazar aos de arriba
Volveu o Xallas de Santa Comba a batir na mesa e avisar a Grixoá e Boiro que non vai deixar de loitar polos postos arriba. Os de Corredoira endosaron un set ao Silva e igualan ao Boiro, quedando a 6 do Grixoa, pero cun partido máis que ambos.
Pola súa banda o Dumbría non podía traer nada positivo de Mugardos, nun campo demasiado enlamado; mentres que o Soneira mantén o fortín do Municipal de Vimianzo invito, pero non pasaba do empate ante un dos de abaixo.
Xallas StComba - Silva (6-0)
- XSC: Diego (David, min.75), Chinda, Guillermo, Pablo, Oscarín, Mon (Alfonso, min.65), Jota (Ismael, min.72), Rubén Forján, Jesús (Orlando, min.55), Pablo Baña (Noli, min.70), Adrián Beiroa.
- Goles: 1-0, min.30: Adrián Beiroa de cabeza tras unha gran xogada de Chinda: 2-0, min.53: Adrián Beiroa de penalti dubidoso; 3-0, min.57: Adrián Beiroa nunha contra; 4-0, min.69: Rubén Forján de media chilena; 5-0, min.75: Noli noutra contra; 6-0, min.80: Adrián Beiroa de penalti dubidoso.
- Expulsións: 2 xogadores de campo, 1 no banco, e mais o adestrador e delegado visitante.
Aproveitouse o XSC dunha arbitraxe algo caseira, e sobre todo, excesiva. I é que se os locais xa coñecían ao colexiado, os visitantes excedéronse nas prostestas e remataron con 5 expulsados.
No deportivo o Silva aguantou ata o comezo da segunda metade, cando un penalti, moi protestado polos visitantes, significaba o 2-0 e varias expulsións. Os coruñeses descentráronse e marcharon do partido e a segunda parte foi un monólogo bicolor.
A outra boa nova do día, ademais da vitoria, foi a volta de Jesús a Fontela. Un Jesús que levaba un mes adestrando tras non pisar os campos dende agosto de 2011.
Mugardos - Dumbría (2-1)
- DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán (Iván Pequeño, min.35), Pablo Conde, Aarón Fdez., David Carreira (Isma, min.46), Aarón López, Iago, Piri, Dani Casal (Luisito, min.46), Brais, Leo (Isma Pedrosa, min.65).
- Goles: 1-0, min.25; 1-1, min.55: Iago de falta directa; 2-1, min.80.
Partido disputadísimo, nun campo enlamado, con moitos balóns aéreos e segundas xogadas O balón non corría e os dumbrieses non puideron despregar o seu xogo, e os tantos chegaron a balón parado.
Comezou o Mugardos pegando primeiro, cun tanto tras unha falta. Pero a volta dos vestiarios Iago fixo gala da súa calidade e marcou de falta directa. Cando parecía que o partido marchaba cara o empate, un golazo dende o borde da área pola escuadra deixaba os 3 puntos na casa.
Por bando dumbriés debutaba Dani Casal, medio centro que chega do Bergantiños, e que fixo un primeiro tempo moi correcto.
Soneira - Sada (0-0)
- SONEIRA: Cheli, Pichi, Maikel, Sito, Fran de Urroa, Míchel (Óscar de Maema, min.80), Nico, Baba (Cristian, min.75), Darío, Javi (Mayor, min.73), Adrián Makaay.
- Expulsións: dous xogadores visitantes no min.70 e 90.
Non foi quen o Soneira de impoñer o seu ritmo ante un Sada que chegaba moi abaixo na táboa. Os de Felipe Candamo, malia xogar cun xogador máis durante 20 minutos non mereceron a vitoria, e Cheli tivo que salvar aos locais en varias ocasións.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
- Alberto Pose: A armada costeira no Cerceda.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).