Preferente: Semana de cor laranxa

09:15 20/02/12
A atención desta xornada 24 da Preferente estaba en Fontenla. Alí o derbi xalleiro presentou unha boa entrada (as bancadas sempre cun ton algo máis verde) para presentar o choque máis igualado dos últimos tempos. E así foi, un partidazo de ida e volta que rematou coa apretada vitoria pola mínima dos laranxas. Unha vitoria que devolve lixeiramente a confianza aos de Gelucho tras un comezo de ano fatal, mentres que o Xallas continúa coa súa gran temporada na Preferente.
Polo demais, o Dumbría adiantou o choque tamén para evitar o entroido, e saiulle ben a xogada e o Conco disfrutou dun partido tranquilo para sumar xa 34 puntos. Ademais, o Soneira sumou un punto moi valioso en Bertamiráns, pero colleita unha nova lesión, a do porterio José Ángel, que unido á de Fran, obriga aos soneiráns a fichar outro porteiro máis, alén de Durán. Parece ser que xa ten asinado con Martín, meta da canteira soneirán que estaba a xogar no Nantón.
Un punto importante dos de Miguel nun campo difícil, pero as novas non son moi positivas. Ademais de teren marcado os 4 goles os soneiráns, levan unha lesión grave moi importante. O porteiro José Ángel, únese á baixa do titular Fran, lesionado hai un par de semanas, co que os soneiráns xa se apresuraron en contactar co meta do Nantón, Martín.
Empezou ben o Soneira levando as mellores ocasións que se materializaron cos dous goles iniciais. Pouco a pouco, o Bertamiráns foi amosando os dentes, e na segunda metade, e coa axuda da defensa soneirá, conseguiron empatar o partido.
O seguinte partido co Ribadeo, partido chave para os de Miguel, equipo co que está empatado na táboa a 24 puntos, 5 por riba do descenso.
Xallas - Santa Comba (0-1)

- XALLAS: Cheli, Rubén Forján, Iván Forján, Becerra, Rubio (Álvaro, min.80), Brais, Ricardo, Alexandre, Luís, Adrián Beiroa e Toni.
- SANTA COMBA: Diego, Gelo, Angelo, Roberto (Orlando, min.46), Oscar (Agustín, min.55), Jota, Toni, Doro, Julián, Pablo Baña (Mon, min.75) e Noli (David Blanco, min.66).
- Gol: 0-1, min.20: Julián tras regatear ao porteiro tras un pase de Roberto.
- Lesión: Roberto cunha lesión muscular.
Dumbría - Viveiro (3-0)
- DUMBRÍA: Juan Purrúa, Iván (Denis, min.70), Tantán, Suso, Aarón, Iago, Schuster, Eloy (Martín Toja, min. 75), Piri (Albertiño, min.70), Luis e Adrián Mackaay (Cacho, min.70).
- Goles: 1-0, min.1: Adrián Mackaay; 2-0, min.67: Adrián Mackaay de penalti; 3-0, min.87: Luisito.
Bertamiráns - Soneira (2-2)

- SONEIRA: Jose Ángel (Durán, min.55), Pichi, Ferreiro, Pablo, Kike (Roi, min.85), Santi, Javi, Michel, Iago (Mayor, min.65), Brais e Vía Rápida.
- Goles: 0-1, min.18: Iago; 0-2, min.30: Vía Rápida; 1-2, min.56: Pablo en p.p; 2-2, min,69: Javi en p.p.
- Lesión: José Ángel cun golpe no nocello e un golpe forte na cabeza.

Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).