Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Preferente: Suma o que máis o precisa

Preferente: Suma o que máis o precisa

Chegaba o Soneira necesitado ao Conco, e marcha de Dumbría moito máis tranquilo. Xa son 6 puntos os que o separan do Unión, que marca o descenso, trala apretada vitoria nun novo derbi costeiro.

Boa semana ademais para o Santa Comba, que sumaba os 3 puntos nun partido complicado ante o Unión e se coloca xa 4º na táboa, lonxe da 2ª praza pero a 3 do Boiro, e empatado con Grixoa e Laracha.
Precisamente o veciño Xallas acadou un empate, que ben puido ser unha vitoria, ante os bergantiñáns.

Dumbría - Soneira (1-2)

  • DUMBRÍA: Purrúa, Iván Pequeño, Ismael (Poyo, min.71), Suso, Aaron Fernández, Aarón, Eloi, Schuster (Riki, min.71), Toni (Toja, min.81), Iago e Leo.
  • SONEIRA: Durán, Míchel, Pablo, Víctor Vecino, Martín, Andrés, Mayor (Chans, min.82), Quique, Brais, Vía (Roi, min.89) e Javi (Pichi, min.59).
  • Goles: 1-0, min.10: Leo; 1-1, min.53: Brais; 1-2, min.56: Míchel.
  • Expulsións: Os locais Iván Pequeño (min.52) e Aarón (min.74), ambos con dobre cartón amarelo.

Levouse os puntos o máis necesitado, o Dumbría segue a ser un bálsamo para o Soneira, pois é un equipo que se lle dá moi ben nos últimos anos.

Ámbolos conxuntos contaban con baixas importantes e iso reflexouse no campo. A primeira metade foi moi sosa e apenas houbo achegamentos con perigo a ningunha das áreas, salvo o gol. O recén fichado, Leo, demostrou estar en estado de graza, non ían máis de 10 minutos, cando un balón peiteado por Aarón, recólleo o dianteiro corcubionés que saca un tiro forte e raso dende a liña da área grande que se cola no fondo das maias batendo antes no pau, debut ao grande na Preferente do que aínda segue sendo pichichi da liga da Costa.

Tralo descanso o partido cambiou de cara por completo, o Soneira saiu moito máis metido, sendo conscientes de que tiñan que sacar algo positivo do Conco. Aumentaron a intensidade os de Miguel e isto tamén se viu beneficiado pola expulsión de Iván Pequeño. Trala expulsión, sen aínda xustar ben as marcas en defensa, chegou o gol do empate, unha internada de Brais pola banda dereita que chega ante Purrúa e báteo de tiro cruzado coa esquerada, ao ex do Dumbría notouselle a extramotivación e cuajou un moi bo encontro, sendo un pesadelo constante para os laterais locais.
Non se conformou o Soneira co empate e seguiu atacando na busca dos tres puntos, así, tres minutos despois, de novo pola banda do expulsado Iván Pequeño, Quique fai unha boa xogada persoal e o se centro é rematado no segundo pau por Míchel que se encontraba só. Chegaría un nova expulsión local, o mediocentro Aarón vía a segundo cartón amarelo e deixaba aos seus con 9. Pouco despois, Leo tivo o empate nas súas botas, gañoulle as costas a defensa e o seu lanzamento foi desviado a córner por Durán. De aí ao final o Soneira buscou o terceiro gol e non pasar apuros en defensa e o partido foi morrendo ao ritmo que marcaron os soneirás que se mateñen sextos pola cola, pero ben o quinto catro puntos por abaixo e teñen a tiro ao Ribadeo e ao cinco puntos aos dumbrieses.

Unión - Santa Comba (0-1)

  • SANTA COMBA: Diego, Gelo (Agustín, min.72), Angelo, Roberto, Gonzalo (José Ángel, min.51), Jota (Orlando, min.46), Doro, Toni (Mon, min.78), Noli, Julián, Pablo Baña.
  • Gol: 0-1, min.80: Julián tras regatear a dous rivais e escorado nunha xogada pola banda esquerda.

Primeira metade cun Santa Comba moi serio e firme, dominando e tendo chegadas por medio de Noli tras un córner que rematou só arriba. Tamén Doro puido abrir o marcador pero marrou unha boa oportunidade na primeira e outra na segunda metade.
Os locais só tiveron unha ocasión tras un pase erróneo a Diego que tivo que salvar Roberto na liña de gol.

Pero a segunda parte non foi boa por parte dos laranxas. E cando o partido marchaba contra o empate, Julián sentenciou cunha xogada de calidade.

Xallas - Laracha (1-1)

  • XALLAS: David, Israel, Iván Forján, Becerra, Rubio, Martín, Rubén Forján, Brais (Ricardo, min. 50), Beiroa, Luis (Álvaro Cancela, min.89), Alexandre (Iván Amor, min. 60).
  • Goles: 1-0, min.50: Rubén Forján; 1-1, min.75.

Puido sacar máis tallada o cadro de Iván Cancela esta semana de Fontenla. I é que os xalleiros controlaron o partido, foron superiores, e mesmo xogaron toda a segunda metade cun home máis pola expulsión dun xogador visitante no min.46.

Así e todo, o Laracha foi quen de repoñerse e empatar a falta de 15 minutos para o final.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios