Preferente: Un empate, e gracias

Non foi boa a fin de semana para os equipos da Costa na Preferente. So un punto sobre 9 posibles, e gracias. Pois o empate do Dumbría sabe doce trala mala arbitraxe en Viveiro, que acabou coa primeira expulsión da carreira do delegado Manolo López. O XSC deixábase sorprender polo Sada e perde tres puntos importantes para seguir o ritmo dos de arriba. Ademais, o Soneira volvía de baleiro do choque ante o Páramo pero se mantén na 8ª praza.
Viveiro - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Juan Porrúa, Iván Pequeño, Huete, Arrón Fdez, Pablo Conde, Dani Casal, Tantán, Pedrosa (Luisito, min.46), Iago Dosil (Piri, min.56), Jesús (Jesús, min.65), Riki.
- Goles: 0-1, min.2: Iago Dosil tras un erro de defensa; 1-1, min.26: de penalti tras pitar.
- Expulsión: os dumbrieses Iván Pequeño, o adestrador Canosa, e o delegado Manolo, coa 1ª expulsión na súa carreira. Todo trala expulsión do míster, e o colexiado pedía que se metese no colexiado.
Mala arbitraxe en Cantalarrana, con 3 expulsións sen apenas nada, e un penalti que primeiro pitaba fóra da área pero que o liña o metía dentro. Así e todo, un puntiño valioso para os de Canosa, tras un choque igualado que comezaba co gol inicial de Iago Dosil que aproveitaba un erro da defensa.
Non había demasiadas ocasións e o empate chegou tras ese discutido penalti. A segunda metade seguiu o mesmo guión e xa no desconto Dani Casal puido traer os 3 puntos, pero o balón pasoulle por diante e non foi quen de rematalo a gol.
O Paramo - Soneira (2-0)
- SONEIRA: Víctor, Pichi, Iván, Maikel, Sito, Mayor (Cristian, min.80), Míchel, Darío, Bibi (Babá, min.70), Javi (Oscar, min.80), Adrián Makaay.
- Goles: 1-0, min.3; 2-0, min.89.
Un gol nada máis comezar e outro cando o partido estaba morrendo puideron cun Soneira que o intentou en Páramo. E iso que os locais marraron un penalti pero o empate estivo no aire en todo momento. Sobre todo, Adrián Mackaay puido marcar en dúas boas ocasións da primeira metade.
Na segunda, o cadro de Felipe asumiu o control do esférico pero non tiña demasiada profundidade. Así e todo apretou ata o final, ata que a falta de un minuto sentenciou o cadro local.
Xallas StComba - Sada (0-1)

- XSC: Diego, Chinda (Javi Suárez, min.68), Guillermo, Pablo (Martín, min.80), Oscarín, Mon (Orlando, min.46), Jota, Doro, Pablo Baña, Beiroa (Rubén Forján, min.46), Noli.
- Gol: 0-1, min.30.
- Expulsión: Pablo Baña á media hora.
Derrota importante do XSC que deixa escapar a Bertamiráns e Grixoa e vese superado polo Laracha. Saíu o cadro local algo relaxado, e 2 ou 3 perdas de balón quitaron a confianza na saída do balón. O Sada, ben solido atrás, foi creando pergio a base de roubos e saídas rapidas á contra, e á media hora chegaba o 0-1 e a expulsión de Pablo Baña por dúas discutidas tarxetas en apenas 5 minutos.
Quedaban 70 longos minutos para un cadro xalleiro cun home menos, pero a actitude foi moi boa en todo momento, encerrando con 10 ata o final ao Sada. Pero a pesar das ocasións, sobre todo 3 claras de Noli, Jota e Rubén Forján, non chegou o ansiado empate.
Máis información
Artigos deportivos
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con Dani Rosalía.
Máis novas
- Rochiccioli explica a marexada en Coristanco.
- A Cherinkas e Carrillas Esteiro propoñen Maratóns para o Nadal.
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).